19 de xuño de 2017

A GUARDA

A AXENDA DE VERÁN DA GUARDA: UNHA AMPLA PROGRAMACIÓN PARA TÓDOLOS GUSTOS 

Bruxo Queiman e Andrea Pousa, pregoeiros da Festa da Langosta e da cociña mariñeira, que comeza o día 30 de xuño

Susana Seivane actuará na Fortaleza de Santa Cruz, nunha das “Noites no Castelo”

O alcalde, Antonio Lomba Baz, e a concelleira de Cultura, Elena Baz Rodríguez, foron os encargados de dar a coñecer a ampla programación de actividades e eventos de todo tipo que darán vida o municipio guardes dende xuño a setembro
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O pasado xoves 15 de xuño presentouse no Salón de Plenos do Concello da Guarda a nova “Axenda de Verán 2017”. O alcalde, Antonio Lomba Baz, e a concelleira de Cultura, Elena Baz Rodríguez, foron os encargados de dar a coñecer a ampla programación de actividades e eventos de todo tipo que darán vida o municipio guardes dende xuño a setembro. 

Andrea Pousa e Bruxo Queiman

 Xunto á gran variedade de festas patronais e relixiosas, en xuño destaca a Festividade do Santísimo, que se celebrou este fin de semana, coa tradicional elaboración de alfombras florais polas principais rúas da Guarda. E o último día do mes, arrinca a XXVII edición da Festa da Langosta e da cociña mariñeira, cun prometedor pregón a cargo do Bruxo Queiman e Andrea Pousa.  


Susana Seivane

 O mes de xullo, na Praza do Reló acollerá unha nova sesión da segunda edición da iniciativa “Música nas prazas”, con Sonus de Gaya, así como a esperada “Noites no Castelo”, que este ano contará coa actuación de Susana Seivane.

 Tamén se celebrará o centenario do MASAT (Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega) coa inauguración da exposición “Viaxando pola historia, cen anos do MASAT”, que se poderá visitar na Casa dos Alonso ata finais de agosto. 

 E o Día do Apóstolo, no Auditorio de San Benito, toda a familia poderá desfrutar das proezas circenses de Pistactiva con Circo Chosco e Isla Letriska.   

Argonat Band

 En agosto, “Música nas prazas” levará á Praza da Guía os sons de Indomables Coverband e en setembro, a Argonat Band á Praza da Gándara. Neste último mes, celebrarase a I Mostra Asociativa dos traballos das diferentes asociacións e organizacións guardesas.  

 Ademáis, dende xullo e ata setembro, tódolos xoves realizaránse as visitas teatralizadas polo centro histórico da Guarda, como complemento a toda esta serie de citas coa cultura, o deporte, a festa, a gastronomía, as tradicions, ..., que farán as delicias dos visitantes e dos propios cidadáns guardeses.

Ningún comentario:

Publicar un comentario