18 de xuño de 2017

A GUARDA

A GUARDA RENOVOU SÚA DEVOCIÓN O SANTÍSIMO SACRAMENTO 

Cos tradicionais tapetes de flores e de sal

Fotos: Infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda


 Logo de un mes de traballo de recolección e debullado dos materiais vexetais necesarios, A Guarda voltou a honrar o Santísimo coa confección de tapetes de frores e de sal, tarefa na que as mulleres foron maioritariamente as que levaron a maior carga de traballo, ainda que en honor a verdade, tamén colabouraron algúns homes e nenos/as. Dese xeito, chegada á tardiña do sábado día 17 de xuño deron comezo os traballos de marcado no chán, dos deseños elexidos, que como vén sendo costume foron todos eles diferentes nos correspondentes tramos de rúas.  Comezando pola Praza do Reló, e continuando pola Praza de Ignacio Sobrino, Rúa Oliva, Rúa Hernán Cortés, Praza de José María Lomba, Rúa Malteses, A Ribeira e Rúa Concepción Arenal.   


 Xa nos primeiros intres do domingo, e ata unha hora razonable, os compoñentes da Charanga Os Charamujas fixeron un pasarrúas polo percorrido dos tapetes florais, para animar o ambente, que en toda noite foi moi grato, xa que a temperatura foi propiamente de verán.   


 Dese xeito, como este ano a climatoloxía non pudo ser mais propicia, foron milleiros de persoas de toda a comarca do Baixo Miño e mesmo de varias Comunidades Autónomas do Estado español, e tamén doutros países, tanto de Europa como de América, as que contemplaron en vivo i en directo, a labor que desenvolveron nas adegas e zaguans de moitas vivendas, ás mulleres (mozas e maiores), nas últimas horas de traballo de “picado” do “verde” (buxo, mimosa, mirto,...). E tamén o traballo a pé de rúa, que pequenos a maiores, foron desenvolvendo, sen presa pero sen pausa, o longo de toda á noite ata ben entrada á madrugada. 

 Temos constancia que moitos adolescentes e xóvenes estiveron traballando de xeito entusiasta, en perfecta camaradería, ata ás 5:30 da mañanciña. Tamén pudemos ver como algunhas persoas que forman parte da Corporación Municipal estiveron man a man cos veciños, axudando na labor de confección dos fermosos tapetes frorais. Iso ven a acreditar, una ano máis, a merecida fama dos tapetes florais e de sal de A Guarda, que certamente teñen moito mérito. E podemos afirmar que a afruencia de público iría a máis, ó longo de toda a mañá do domingo, e nas horas e intres previos a solemne procesión do Santísimo Sacramento.   


 Tamén queremos salientar que nesta nova edición da festividade do Santísimo Sacramento, ou do Señor, como popularmente decimos no municipio de A Guarda, a temática dos tapetes florais foi moi variada e dunha ampla riqueza cromática e técnica. Polo que pudemos ollar, ademáis de flores (mesmo da carrasca), arbustos, baias de xiastas, palla de cereais,... e sal, tamén houbo presenza de outros materiais naturais alternativos, que confirman á inquedanza dos deseñadores por amosar ás posibilidades de outros ingredintes non tan habituais. 
  

 Rematada a misa solemne, deu comenzo a procesión que contou coa participación de numerosas persoas, e dos compoñentes do Coro Parroquial, dirixidos por Felicidad Martínez Vicente, que en cada altar, situado nos lugares de costume, como Praza do Reló, A Ribeira e rúa Concepción Arenal, interpretou algúns motetes o termo dos cales, a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda interpretou o Himno Galego. Tamén participaron membros de diversas confrarías piadosas representadas polos correspondentes estandartes portados por compoñentes das mesmas, que ían franqueados por nenos/as que fixeron súa Primeira Comuñón. 

 Asemade, tamén ía o estandarte da Sección da Adoración Nocturna e o tra-lo palio portado por membros desa sección, ía a custodia co Santísimo Sacramento, portada polo crego somasco P. Vidal, na compaña do párroco de Santa María de A Guarda, Jesús García Villadóniga.  



  Tamén participou unha representación da Policía Local de A Guarda, portando o pendón municipal, e inmediatamente despois varias autoridades civís - como Miguel Alves, presidente da Cámara Municipal de Caminha; a alcaldesa de Oia, Cristina Correa Pombal, o alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela, e o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz e membros da Corporación Municipal de A Guarda -,e militares, e outras representacións cívicas. E pechando a procesión a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, dirixida por Víctor Luis Alonso Treinta. 



 Desde Infogauda felicitamos a tódolas/os veciñas/os que fixeron posibles os fermosos tapices frorais na honra do Santísimo Sacramento, pois constitúen toda unha expresión do fervor popular é o mesmo tempo, unha magnífica mostra da creatividade e do traballo en equipo, altruista e desinteresado da nosa xente. 


 A tarefa foi moita, máis os resultados compensaron con creces os sacrifizos. 

 Ogallá que para o ano que vén voltemos a ter a oportunidade de facer realidade, unha vez máis, esa mostra de Arte efímero, da que tódolos guardeses nos sentimos moi honrados.

 GALERÍA DE IMAXES

Ningún comentario:

Publicar un comentario