12 de maio de 2017

DEPORTES

O club “Sen Amarras”, de Tomiño, organiza a primeira proba de slálom motonáutica do II Campionato Galego Integrador

 Será este sábado, no parque náutico de Castrelo de Miño

Monitor e usuarios do club deportivo “Sen Amarras”, de Tomiño
Foto: C.T.

Infogauda / Castrelo de Miño

 O club deportivo “Sen Amarras”, de Tomiño, organiza este sábado, entre as 12:00 e as 19:00 horas, no parque náutico de Castrelo de Miño, a primeira proba slalom motonáutica do II Campionato Galego Integrador.  

 A principal característica da proba é a integración. Os equipos están formados por persoas con e sen discapacidade, utilizando unha embarcación adaptada que pode ser patroneada de maneira fácil e sinxela. Sendo máis importante o correcto desenrolo do trazado, e non o tempo de este, por tratarse dunha proba de regularidade.  

 As inscricións péchanse o 12 de maio, pudendo realizar estas de 3 maneiras diferentes:  

· Por teléfono: 986623044. 

· Por correo electrónico: senamarras@gmail.com. 

· Nas instalacións de Vontade en Rúa A Rocha, 19 B (36740), Tomiño.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario