3 de maio de 2017

A GUARDA

CELSO R. FARIÑAS, CUALIFICA DE "FUMO DE XARUTO" O REGULAMENTO DE LIMPEZA PÚBLICA E DE RECOLLIDA DE LIXO

Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega

Infogauda / A Guarda

 Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega, na Corporación Municipal do Concello de A Guarda ven de faer pública á seguinte interpelación:

PROHIBIDO INSTALAR PUBLICIDADE NOS BENS PÚBLICOS? 

 Según o REGULAMENTO DE LIMPEZA PÚBLICA E DE RECOLLIDA DE LIXO, que o Concello repartiu o longo do mes pasado pola maioría do pobo, no séu artigo 7.2, sobre as limitacións de publicidade na vía pública e equipamentos públicos, no séu apartado 2, sinala: non está permitido pegar… no mobiliario e no equipamento urbanos...

 Todo o anterior, sirve para demostrar que unha cousa é o que predican e outra o que fan, e neste tema, nada de nada, pasan pola rúa concelleiros/as, persoal de confianza municipal, recollen os contenedores para limpar, e despois de un mes, a pegatina publicitaria sigue no mesmo sitio, a sabendas do Concelleiro responsable, a que foi remitida, tal e como solicitan no panfleto e nas notas de prensa, que se colabore para poder estar vixiantes.

 O anterior, debe ser tido en conta, cando paseamos polas rúas, nos contenedores, nas farolas o unas marquesinas, atopamos carteis e publicidade de actos de grupos políticos e  sindicatos, sin que se haxa tomado ninguna medida dende o Concello para mandarlas retirar, e no caso de non facer caso, abrir expediente sancionador, pero ata agora, todo queda no discurso, ou o que é o mesmo, en “fumo de xaruto”.

Na imaxe pódese apreciar á pegatina publicitaria de unha empresa, empregando como soporte un ben municipal
Foto: Converxencia Galega / A Guarda

 A esta nota, acompañamos unha imaxe, pero podemos dispoñer de máis de cinco que nos teñen remitido varios/as veciños/as sobre incumplimientos varios a este novo regulamento.

 Dende CONVERXENCIA GALEGA, consideramos que si se aproban ordenanzas e se toman medidas e decisións, será para aplicalas e non deixalas soio no papel e aproveitar o momento e saír nos medios de comunicación e non resolver nada, facendo que a situación agora sexa peor. 

   A Guarda, a 03  de maio  do 2.017 

Celso R. Fariñas 
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA                                                                                                                                                                                                                      

1 comentario: