26 de abr. de 2017

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA PRESENTA UNHA PROPOSTA DE MODIFICACIÓN 

Do Regulamento de Funcionamento da Escola Infantil Municipal 

Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega


Infogauda / A Guarda

 O concelleiro Celso R. Fariñas, de Converxencia Galega, ven de presentar no rexistro municipal de entradas do Concello de A Guarda, á seguinte proposta:

REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

 Tendo en conta que no CAPÍTULO II.- PROCESO DE INGRESO, no Artigo 7.2.a dí: copia cotexada da ÚLTIMA DECLARACION DA RENDA….” Texto que xa ven provocando problemas e de xeito oral usuarios/as deste servizo veñen pondo de manifestó que dado que no mes de abril escomenza a campaña de declaración de Facenda, coincidindo cos prazos de solicitude de praza, e a ÚLTIMA pode ser a que fan neses días, tal e como se indica no texto,  sería a [que] deberían ter en conta, e cando tramitar de urxencia a mesma, trasladándose a Tui ou por medio dunha xestoría, para cando a presentan no Concello, se lles manifesta que é a correspondente o ano anterior.

 Dado que é función do PLENO a aprobación de de regulamentos, ordenanzas e taxas, así como as modificacións que sexan necesarias, vimos a presentar para o séu debate e aprobación, do texto de sustitución, deste punto, para que o exposto anteriormente se elimine e se indique o seguinte:

 “copia cotexada da declaración da renda correspondente ao exercicio fiscal anterior en DOUS ANOS AO ANO NATURAL EN QUE SE PRESENTA A SOLICITUDE”. 

A Guarda, a 24 de abril do 2017     

Celso R. Fariñas 
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA       


Sr. Alcalde-Presidente 
CONCELLO DE A GUARDA

Ningún comentario:

Publicar un comentario