23 de mar. de 2017

PONTEVEDRA

CÉSAR MOSQUERA: “O FANATISMO E A IRRACIONALIDADE NON LEVAN A NINGÚN LADO MÁIS QUE A CREAR DOR, SANGUE, MORTOS E TERROR” 

O vicepresidente provincial manifestou hoxe en nome dos traballadores e do goberno a súa repulsa ao atentado acontecido onte en Londres

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera Lorenzo presidiu manifestou a concentración de traballadores e do grupo de goberno provincial, en repulsa polo atentado acontecido en Londres
Foto: D. P.

Infogauda / Pontevedra

 O vicepresidente da Deputación César Mosquera manifestou hoxe, en nome dos traballadores e do grupo de goberno provincial, a súa repulsa polo atentado acontecido en Londres. Mosquera, que participou no minuto de silencio organizado conxuntamente entre a Deputación e o Concello de Pontevedra, subliñou que “o fanatismo e a irracionalidade non levan a ningún nado máis que a crear dor, sangue, mortos e terror,…, pero non resolve nada”.   

 Mosquera indicou que actos violentos, feridos e mortes non teñen xustificación de ningún tipo en ningún tipo de contexto, mais sinalou que houbo decisións políticas tomadas nos últimos anos que alentaron comportamentos fanáticos. “Houbo un principio teoricamente sagrado durante moitísimos anos na política internacional que era a non inxerencia en asuntos internos doutros estados. Esqueceuse en certa época, nas invasións de Afganistán, despois de Irak, e de Libia, e de aquelas chuvias veñen estes lodos. E iso provoca fenómenos que despois son moi difíciles de reconducir e incluso problemas mundiais que son moi graves”, subliñou .   

 O vicepresidente, que exerceu de voceiro provincial pola ausencia da presidenta Carmela Silva –presente noutro acto institucional-, insistiu en que, a pesar de que “non é momento de lembrar nin afondar en certos debates e situacións, a realidade é que daquelas chuvias veñen estes lodos,… Poden tardar pero normalmente ocorren, aínda que iso, dende logo, non xustifica ningún tipo de irracionalidade”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario