20 de mar. de 2017

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A Xunta de Galicia sinaliza o Camiño Portugués da Costa ao seu paso polo concello da Guarda con 16 mouteiras oficiais

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, xunto ao alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba Baz, a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez e o presidente da Entidade Local de Camposanos, Rafael Álvarez Martínez; comprobou esta tarde á colocación das primeiras mouteiras oficiais que sinalizan o Camiño Portugués da Costa

Infogauda / A Pasaxe  (Camposancos)

 O delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, xunto ao alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba Baz, comprobou esta tarde á colocación das primeiras mouteiras oficiais que sinalizan o Camiño Portugués da Costa ao seu paso polo municipio na zona da Pasaxe (Camposancos), preto da estación fluvial do ferri A Guarda-Caminha, punto polo que chegan os peregrinos procedentes do país veciño.  


 En total, no Concello da Guarda colocaranse un total de 16 mouteiras das 81 que teñen os 150 quilómetros do tramo galego desta Ruta Xacobea que ven de ser recentemente recoñecida coa aprobación, no Parlamento galego, da Lei de Patrimonio de Galicia. O Camiño Portugués da Costa ven de dar así un paso máis garantindo, coa nova sinalización que comezou a colocarse hai uns días no Concello de Baiona, a seguridade dos peregrinos que a transiten facilitándolles o seu traxecto. Nos vindeiros días, o Xacobeo continuará coa colocación do resto das mouteiras nos demais concellos polos que atravesa a nova Ruta de Peregrinación a Santiago de Compostela.   

Ningún comentario: