22 de mar. de 2017

A GUARDA

O PADROADO MUNICIPAL "MONTE SANTA TREGA" DEU LUZ VERDE O ANTEPROXECTO PORTA DE ENTRADA O TREGA


José Fernando Martínez Martínez / A Guarda

 O anteproxecto da Porta de entrada o Trega, así como a cesión do espacio de monte necesario para a actuación, foron aprobados na sesión do Padroado Municipal "Monte Santa Trega", celebrada no día de hoxe na Casa do Concello de A Guarda, polos representantes das Comunidades de Montes Veciñais en Mán Común de A Guarda e de Camposancos, respectivamente, e polos representantes dos partidos políticos, a excepción dos representantes de BNG e de Convergencia Galega, que no intre da votación se ausentaron.

 Nova relacionada

Ningún comentario:

Publicar un comentario