19 de feb. de 2017

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

O TRANSXÉNERO MOTIVOU A ASISTENCIA DE PRETO DE 70 PERSOAS

Na terceira das Charlas de portas abertas, 2017, promovidas pola Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos


A asistencia do público refrendou un novo éxito do ciclo de Charlas de portas abertas, 2017
Fotos: José Fernando Martínez

Infogauda / Camposancos

 Na tardiña de onte, tivo lugar na Casa Cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, a terceira das Charlas de portas abertas, 2017, que organiza a Xunta Rectora da devandita comunidade.  Nesta ocasión, os ponentes foron Sara Silva Uris (mestra) e Xavier Constela Ribadeo (escritor e mestre), os cales abordaron o tema "Transxénero: como abordar a verdadeira identidade?"


 O asunto tratado, de total actualidade, motivou á presenza de casi 70 asistentes, o cal refrenda un novo éxito de participación no ciclo de Charlas de portas abertas, 2017, que organiza a Comunidade de Montes de Camposancos. 

 "Foi interesantisima - dixo a Infogauda José Fernando Martínez Martínez, presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Camposancos - e a proba de elo foi o largo debate final. Esto nos anima a seguir programando actos. 

 Grazas a todos e recordade que para sábado día 25 será Carlos Rodríguez Castro quen nos falte das suas vivencias na Siria, como voluntario nos campos de refuxiados".

Ningún comentario:

Publicar un comentario