29 de xan. de 2017

DEPORTES

REMO

ÓSCAR ALONSO ALONSO, SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA DE REMO ERGÓMETRO


Infogauda / Deportes

 Logo do éxito que acadou fai poucos días no Campionato Galego, celebrado en Ferrol, onde logrou o título de Campión de Galicia, o remeiro guardés Óscar Alonso Alonso, proclamouse subcampión de España, no Campionato de España de Remoergómetro celebrado onte sábado día 28 de xaneiro, en Ribadavia (Ourense).  

 Ainda que e o Campionato de España foi para Ismael Montes Caamaño, do Real Círculo de Labradores, que fixo un tempo de 05:52,8; o remeiro de A Guarda, Óscar Alonso Alonso, do Club Remo do Miño Tui-Seta, con un tempo de 05:58,1, acadou a 2ª praza.

 A terceira praza foi para Jaime Canalejo Pazos, do Náutico de Sevilla, con un tempo de 06:00,01.

Ningún comentario:

Publicar un comentario