26 de xan. de 2017

A GUARDA

O Casa do Concello da Guarda acollerá un Pleno xuvenil este venres 

Casa do Concello de A Guarda
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Este venres día 27 de xaneiro, a Casa do Concello da Guarda acollerá un Pleno moi especial. Cara ás 10:15 horas dará comezo un pleno xuvenil no que participarán alumnos de 1º e 2º da E.S.O. do Instituto A Sangriña.  

 Os rapaces poderán aprender de primeira man en que consisten os plenos, cal é parte da actividade que se leva a cabo no seu concello e participar nun Pleno organizado pola Concellería de Educación no que as súas opinións e suxestións serán escoitadas e tidas en conta polos representantes municipais, que de seguro tomarán boa nota do sentir destes alumnos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario