5 de dec. de 2016

PESCA

VISITA A BRUSELAS DUNHA REPRESENTACIÓN DO SECTOR PESQUEIRO GALEGO

Mercedes Rodríguez Moreda (*)

 Na vindeira semana, un grupo de representantes do Sector Pesqueiro Galego, estarán en Bruselas, visitando as institucións comunitarias, segundo o programa que adxunto. 

 O Europarlamentario do Partido Popular, Francisco Millán Mon, convidou a estas entidades representativas do sector pesqueiro galego a visitar o Parlamento Europeo, aproveitando que ten lugar unha Sesión da Comisión de Pesca. Esta visita será o luns 5 a partires das 14 horas. 

 Aproveitando a presenza en Bruselas, e coa inestimable axuda da Fundación Galicia Europa, visitaremos a DG MARE, onde nos recibirá o Director Xeral, Joâo Aguiar Machado, o mesmo luns.  

 Do mesmo xeito, xiraremos unha visita ao porto de Zeebrugge na mañá do martes 6, para estar pola tarde na sede da Fundación Galicia Europa asistindo a un coloquio sobre a defensa dos intereses galegos ante as insititucións comunitarias.  

 Remataremos o mércores 7 de decembro cunha visita ao Comité das Rexiósn, onde nos recibirá Jesús Gamallo Aller, membro suplente do Comité das Rexións e Director Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia.  

 Trátase dunha axenda apretada, pero moi interesante, xa que nos permitirá estar en Bruselas e exponer ante as autoridades comunitarias as necesidades do noso sector, precisamente antes de que teña lugar o Consello de TAC e cuotas.

ASISTENTES:
- FEDERACIÓN GALEGA DE CONFRARÍAS
- FEDERACIÓN PROVINCIAL DE COFRADÍAS DE LUGO
- FEDERACIÓN PROVINCIAL DE COFRADÍAS DE A CORUÑA
- FEDERACIÓN PROVINCIAL DE COFRADÍAS DE PONTEVEDRA
- OPAGA
- OPP-07-LUGO
- ARMADORES DE BURELA S.A. (ABSA)
- PUERTO DE CELEIRO S.A.
- OPP-77
- PESCAGALICIA-ARPEGA-OBARCO
- ASOCIACIÓN DE ARMADORES DE RIBEIRA
- COOPERATIVA DE ARMADORES DE VIGO (ARVI)
- ORGANIZACIÓN DE PALANGREROS GUARDESES (ORPAGU)
- ESPADEROS GUARDESES

AXENDA

Luns, 5 de decembro
09:30-11:00 Visita á Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e Pesca (DX MARE) da Comisión Europea.

 Está previsto que nos reciba Joâo Aguiar Machado, Director xeral da Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e Pesca da Comisión Europea. Intervirán tamén Elisa Roller, Xefa de Unidade de Política Pesqueira Común e Acuicultura, e Miguel Peña, Administrador da Unidade de Política Estructural e Análisis Económico.

12:30-17:00 Visita ao Parlamento Europeo por invitación de Francisco Millán Mon, Eurodeputado galego do Partido Popular Europeo (Grupo PPE). Está previsto tamén asistir á sesión da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo

Martes, 6 de decembro
10:30-14:00 Visita do porto pesqueiro de Zeebrugge e seminario de intercambio de experiencias.

Estarán con nós, entre outros:

- Juan Rodríguez-Villa Matons, Presidente da Cámara Oficial de Comercio de España en Bélxica e Luxemburgo.

- O Director da lonxa.

- Un representante da Cofradía de pescadores.

- Un representante do Ministerio de Agricultura e Pesca da rexión flamenca.

- A Concelleira de Economía e Pesca da cidade de Brujas.

- Un representante de VOKA, a Cámara de Comercio flamenca.

17:00 Mesa redonda sobre “A defensa dos intereses pesqueiros ante as institucións europeas”, na sede da Fundación Galicia Europa en Bruselas. Intervirán:

- Ana Ramos Barbosa, Directora da Fundación Galicia Europa en Bruxelas e Isabel Vázquez Conde, Técnico destacado na Fundación Galicia Europa en Bruxelas das Consellerías de Mar e Medio Rural da Xunta de Galicia.

- Borja Velasco Tuduri e Carlos Aldereguía Prado , Conselleiros de Pesca da Representación Permanente de España ante a UE (REPER)

- Daniel Voces de Onaindi, Asesor técnico da Asociación das organizacións nacionais de empresas pesqueiras da Unión Europea (EUROPECHE)

Mércores, 7 de decembro
09:00-10:30 Visita ao Comité das Rexións:

Recibiranos Jesús Gamallo Aller, membro suplente do Comité das Rexións e Director Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia.


* Directora-Xerente de OPP-07-LUGO

Ningún comentario:

Publicar un comentario