6 de dec. de 2016

A GUARDA

A ASOCIACIÓN GUARDESA DE EMPRESARIOS (AGUDE), E O ALUMNADO DOS CENTROS EDUCATIVOS, ADORNAN Á VILA CON ÁRBORES DE NADAL

Co propósito de que a partires de agora sexan os veciños os que completen o proceso, colgando neles seus adornos


As imaxes reflicten unha escolma dos árbores instalados nas rúas da vila de A Guarda
Fotos: AGUDE

Infogauda / A Guarda

 A Asociación Guardesa de Empresarios (AGUDE), creada neste ano 2016, e presidida por Óscar González Portela, en colaboración cos centros educativos do municipio guardés, adornaron a vila guardesa con árbores colocadas en envases de plástico, decorados polos alumnos con motivos de Nadal. 

 Co propósito de que a partires de agora sexan os veciños os que completen o proceso, colgando neles seus adornos, nesta campaña promovida por AGUDE, foron instalados máis dunha treintena de árbores nas principais rúas da vila.



       


Ningún comentario:

Publicar un comentario