4 de nov. de 2016

VIGO

REUNIÓN DA EXECUTIVA COMARCAL DA CIG-VIGO COS DEPUTADOS ELEITOS DO BNG NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

A Executiva Comarcal da CIG-Vigo reuniuse cos deputados eleitos do BNG na provincia de Pontevedra, Luis Bará e Montse Prado
Fotos: CIG - Vigo

Infogauda / Vigo

 A Executiva Comarcal da CIG-Vigo vén de manter unha reunión durante a mañá de hoxe cos deputados/as eleitos do BNG na provincia de Pontevedra, Luis Bará e Montse Prado, transmitíndolle as principais problemáticas da bisbarra en materia laboral, centrándose, asemade, na grave situación de desemprego, desindustrialización, deslocalizacións, pensións e precarización, alén da situación concreta de sectores como a automoción, naval ou pesca, entre outros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario