4 de nov. de 2016

TOMIÑO

Primeiras xornadas micolóxicas organizadas pola Asociación de Praceiros do Mercado de Tomiño  

· O programa comeza o venres 11, ás 17.00 horas coa apertura da mostra de setas no propio mercado. Ás 20.30 celebrarase a conferencia “Iniciación á Micoloxía”. 

· Sábado e domingo haberá unha saída ao monte para buscar cogumelos, e logo degustación no mercado
    

Infogauda / Tomiño

 A Asociación de Praceiros do Mercado  de Tomiño, organiza as I Xornadas Micolóxicas os días 11, 12 e 13 de novembro próximos, con exposición de cogumelos no propio mercado, degustacións e saídas didácticas.     

 O programa comeza o venres 11, ás 17:00 horas coa apertura da mostra de setas no propio mercado. Ás 20:30 celebrarase a conferencia “Iniciación á Micoloxía”. 

 O sábado 12, de 10:30 a 13:30 hs. haberá unha Saída ao Monte para buscar cogumelos. E de 13:00 a 14:00, degustación no mercado.     

 Por último, o domingo 13, repetirase saída e degustación ás mesmas horas.  

 A exposición permanecerá aberta os tres días en horario de mercado (9:00 a 14:00 e 17:00 a 20:00) e polas tardes a experta en micoloxía, Puri Lorenzo, do laboratorio de micoloxía da Universidade de Vigo, que atenderá consultas e despexará dúbidas das persoas interesadas.     

 A actividade ten un custe de 15 euros por persoa e as prazas son limitadas.  

 Inscrición e venda de tíckets nos postos do mercado ou chamando aos teléfonos: 699 277 311 ou 649 901 113.

Ningún comentario:

Publicar un comentario