4 de nov. de 2016

LALÍN

Carmela Silva destaca na inauguración de "Castrodeza" a importancia de coñecer a nosa historia 

A Presidenta da Deputación resalta a necesidade de manter o coñecemento da cultura castrexa entre os nenos e nenas Castro Deza 

Carmela Silva estivo acompañada polo alcalde de Lalín, Rafael Cuiña, e o deputado provincial responsable de Turismo, Santos Héctor
Foto: D. P.
 
Infogauda / Lalín

 A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, inaugurou hoxe as dependencias de "CastroDeza" no concello de Lalín nas que destacou a necesidade de coñecer a nosa historia o través das novas tecnoloxías. Silva estivo acompañada polo alcalde de Lalín, Rafael Cuiña, e o deputado provincial responsable de Turismo, Santos Héctor. 

 Carmela Silva subliñou a importancia de centros como o "CastroDeza" para que dende a aplicación da novas tecnoloxías se poda coñecer toda nosa historia e sobre todo, a cultura castrexa da cal na comarca do Deza existen diversos exemplos.  

 "Un pobo que non coñece a  súa historia non pode avanzar e mirar cara o futuro", destacou a Presidenta ao afirmar que o centro que a partir de mañana poderá ser visitado, pretende ser unha aposta de coñecemento sobre todo o vinculado a  cultura castrexa dende a  forma urbanística dos seus asentamentos ate os seu estilo de alimentación.  

 Pero ademais, a Presidenta destacou que é moi importante manter as nosas tradicións, transmitidas en lendas e contos "para non perde unha parte da nosa historia".  

 Por último, Carmela Silva salientou a parte didáctica do centro "CastroDeza", "para que os nosos nenos e nenas non perdan as tradicións e a nosa historia".  

 Pola súa parte, o alcalde de Lalín, Rafael Cuiña, valorou a apertura do centro "CastroDeza" como moi importante para a súa localidade, por convertelo como unha referencia da cultura castrexa de toda Galicia. Cuiña tamén agradeceu a presencia do senador José Crespo, anterior alcalde de Lalín que "tivo moito que ver con este centro".   

Ningún comentario:

Publicar un comentario