REANÚDANSE OS CLUBES DE LECTURA NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DA GUARDA
Entre a variedade de accións que neste novo curso 2016/17 impulsa a Concellería de Cultura dentro da campaña “Vive a Biblioteca”, inclúese a reanudación dos Clubes de Lectura.
Infogauda / A Guarda
Tras a boa acollida que tiveron o ano pasado, retómase unha iniciativa que busca promover a lectura entre os veciños de tódalas idades da Guarda. Con este obxectivo se levarán a cabo tres clubes de lectura segundo o rango de idade. Un deles será o club de lectura adulto. Outro xuvenil para participantes de 12 a 16 anos, e outro infantil para nenos e nenas de 6 a 11 anos.
Para poder participar nestes clubes, poden anotarse na Biblioteca Municipal en horario de 17 a 20 horas.
Dende a Concellería de Cultura anímase a participar nestes clubes, que repiten polo éxito que tiveron no anterior curso, grazas á implicación dos guardeses no fomento da lectura.

Ningún comentario:
Publicar un comentario