16 de set. de 2016

A GUARDA

O CONCELLO DA GUARDA PIDE Á XUNTA DE GALICIA QUE LLE POSIBILITE ACCEDER Á SUBVENCIÓN DA PRAZA DE ABASTOS   

O proxecto presentado polo concello da Guarda de “eliminación de barreiras arquitectónicas na praza de abastos” ten un orzamento de 105.000 €

Vista parcial da fachada principal da Praza de Abastos de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 Desde o executivo municipal do Concello de A Guarda afírmase que “con data 14 de xullo de 2016 a Consellería de Industria publica a orde coas bases para a concesión de axudas para os mercados e prazas de abastos para a consecución de mercados de excelencia.  

 Na mencionada orde establécese o prazo de presentación de solicitudes ata o 17 de agosto e o prazo de xustificación de remate das obras ata o 30 de novembro de 2016. 

Vista parcial da planta baixa da Praza de Abastos de A Guarda

 Tendo en conta que a data de hoxe, 16 de setembro, non está publicada a resolución nin sabemos cando teñen previsto facelo. Que o proxecto presentado polo concello da Guarda de “eliminación de barreiras arquitectónicas na praza de abastos” ten un orzamento de 105.000 €. Que existen uns prazos legais establecidos para tramitación administrativa e para a adxudicación de obras destes importes e que segundo os servizos técnicos do concello a data de hoxe sería imposible cumprir con estes prazos, tendo en conta a data límite posta pola Xunta para a xustificación da obra.

                   Perspectiva da planta baixa da Praza de Abastos de A Guarda

 O concello da Guarda solicitou á Consellería de Economía, Emprego e Industria a ampliación do prazo de xustificación para poder respectar a legalidade no sistema e prazos de contratación e execución da obra, para poder recibir a axuda. O concello considera que a Xunta debe acceder a esta solicitude dado que non facelo pode representar un prexuízo para os praceiros e veciños da Guarda e doutros concellos que solicitaran esta subvención”. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario