17 de ago. de 2016

TUI

XORNADA BENÉFICA PARA A PROTECTORA DE ANIMAIS DE TUI ESTE SÁBADO
  


Protectora de Animais de Tui


 A protectora de animais de Tui basa gran parte da súa importante labor social na colaboración e esforzo de voluntarios. Axudar  aos animais máis desamparados  é moi gratificante pois ademáis cúmprese un  papel fundamental: lograr unha sociedade máis xusta cos seres vivos.   

 Debido a situación delicada da protectora de animais de Tui, e coincidindo no mes de agosto, cando crecen máis o número de abandono de animais, Galiza Nova  e o colectivo Noxenta Realidade, en colaboración co Concello de Tui e Animais Sen Fronteiras, teñen previsto realizar en Tui un acto solidario coa finalidade de recadar fondos para a protectora de animais, e, a súa vez concienciar á veciñanza da importancia que ten acoller e adoptar animais da protectora, así como reducir o grande número de abandonos.   

 A xornada benéfica terá lugar o vindeiro sábado dia 20 de agosto, na alameda de San Domingos, en Tui, a partir das 18:30 da tarde, con entrada-doazón de 3€, e, para menores de 12 anos 2€, no que tamén vai haber postos de bebida e comida con opción vegana.   

 Contaremos coas actuacións dos seguintes grupos musicais:   - Best Boy (Tui)   
 -  Sondarúa (Pontareas)   
 - Jam Bros (Monçao, Valença, Tui)   
 - 9 O'Clock Blues Band (Valença) 
 - Pepper (Tui)  

 Animamos a tódolos veciños da comarca do Baixo Miño a asistir a este acto solidario, e agradecemos aos patrocinadores, os músicos e artistas que se prestan para colaborar asi como a todos os que non tiveron pegas á hora de colaborar no que lles fose posíbel. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario