16 de ago. de 2016

OIA

CULTURA

CHEGA A OIA O ESPECTÁCULO SOBRE CASTELAO  “A LINGUA NA BOCA” 

Será o domingo día 21de agosto, ás 18:00 horas, na Praza Centinela (preto do mosteiro)


 Ricardo Rodríguez Vicente / Oia  

 "A lingua na boca" chega a Oia no marco da programación do Ano Castelao. Trátase dunha representación teatral que combina música e narración oral para achegar a figura de Castelao ao público actual.    

 A obra, da compañía Limiar Teatro, está a percorrer os 62 concellos da provincia durante os meses de verán.

 En Oia, á representación será o vindeiro domingo día 21 de agosto, ás 18:00 h., na Praza Centinela (preto do mosteiro).

 "A lingua na boca" parte de textos do propio Castelao combinados con historias de creación propia sobre a vida e a traxectoria do autor pontevedrés de adopción. As historias acompáñanse de temas musicais e melodías tradicionais galegas actualizadas e interpretadas en directo con diferentes instrumentos como guitarra, contrabaixo, frautas e melódica. Cunha escenografía sinxela os dous intérpretes van repasando as diferentes facetas do Castelao médico, debuxante, escritor e político, para amosarllas ao público dun xeito comprensible e suxestivo

 A obra parte dos textos do propio escritor que se combinan con historias de creación propia sobre a vida e a traxectoria do autor. Estas historias van acompañadas de temas musicais e melodías tradicionais galegas ás que dende a compañía Limiar Teatro lle dan unha volta para actualizalas, todo isto interpretado en directo con diferentes instrumentos como a frauta ou o contrabaixo, entre outras.  

 Segundo ten explicado o director da obra, Fran Núñez, trátase dun "espectáculo sobre Galicia e a súa lingua a través dunha achega contemporánea á obra de Castelao. Para nós Castelao é unha das principais figuras da historia da Galiza, porén, non é pasado, é presente e futuro. Dende esa premisa construímos un espectáculo que serve de homenaxe e de reflexión compartida sobre o seu legado, pois Castelao está máis de actualidade que nunca".

Ningún comentario:

Publicar un comentario