O artista madrileño Solano Jiménez gaña o cuarto Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández
Os segundo e terceiro premio foron para Manuel Carballeira Rivas e Sergio González Ribeiro, respectivamente
Os autores premiados, coas súas respectivas obras, na compaña da alcaldesa, concelleira de cultura de Tomiñó, e membros do xurado
Foto: C.T.
Infogauda / Goián
Francisco Solano Jiménez, veciño de Torrejón de Ardoz (Madrid) resultou vencedor no “IV Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández”, celebrado este domingo no Espazo Fortaleza de Goián (Tomiño).
Dos 28 artistas participantes, tamén resultaron distinguidos Manuel Caballeira Rivas (Valdoviño. Ferrol) e Sergio González Ribeiro (Pontevedra), co segundo e terceiro premio, respectivamente.
O xurado, composto por recoñecidos artistas da zona, coma Eulalia Portela Jackson, Pilar Alonso e Mario Rodríguez, contou tamén coa presenza da alcaldesa de Tomiño, Sandra González e a concelleira de Cultura, Cristina Martínez, así como un membro da Comunidade de Montes de Goián.
Os tres premios (1.000 euros; 500 euros e outros 500 euros) estiveron patrocinados polo Concello de Tomiño e Comunidade de Montes en Mán Común de Goián, a partes iguais.
A obra gañadora foi un óleo cun paisaxe de Goián, mentres que a segunda e terceira, foron dous paisaxes do río Miño, con barco, nun caso, e montañas noutro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario