20 de ago. de 2016

DEPORTES

OS TEIXUGOS LUIS FERNÁNDEZ E MANUEL OCHOA, PARTIRON RUMBO A SOLKAN

Do 25 ao 28 de agosto, terá lugar na localidade eslovena, o Campionato de Europa de Slálom Júnior e Sub-23

 Luis Fernández e Manuel Ochoa no aeroporto de Peinador (Vigo)

Informa (Redacción e fotografías): Rosa Fernández Carrera


 Do 25 ao 28 de agosto, terá lugar na localidade eslovena de Solkan, o Campionato de Europa de Slálom Júnior e Sub-23.

 Luis Fernández, de Salceda de Caselas, formará parte do equipo español sub-23 de C1, modalidade na que o piragüista vai de xeonllos nunha canoa cun remo dunha soa pa. Tamén formará parte do equipo de patrullas C1 sub 23 xunto aos seus compañeiros Jordi Tebé e Lluis Parés.

 O tomiñés Manuel Ochoa formará parte do do equipo español júnior K1, modalidade na que o piragüista vai sentado nun caiac cun remo de dúas pas. Tamén formará parte do equipo de patrullas k1 júnior xunto a Nil García e Eneko Auzmendi. 

  Luis Fernández, Manuel Ochoa, Ainhoa Lameiro e Miguel Ángel Lorenzo

 A selección española júnior e sub-23 está formada por un total de 24 deportistas, a maioría deles das federacións vascas e catalás. Nesta ocasión catro galegos son os que deron entrado a formar parte dela. Ademais dos dous teixugos tamén acudirán Ainhoa Lameiro, en C1 júnior feminino e Miguel Ángel Lorenzo, en C1 júnior masculino do Club Piragüismo "O Penedo".

Ningún comentario:

Publicar un comentario