19 de ago. de 2016

BAIONA

O DOG publica hoxe a licitación das obras de mellora na estrada PO-552, no concello de Baiona 

O prazo para a presentación rematará o vindeiro día 14 de setembro  Estas actuación suporán un investimento total de preto de 500.000 euros por parte do Goberno galego  

Os traballos consistirán no reforzo de firme das travesías desta estrada

Infogauda / Baiona

 O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a licitación das obras de mellora na estrada Vigo-Tui (PO-552),no concello de Baiona. As obras, suporán un investimento de preto de 500.000 euros e o prazo para o remate de propostas rematará o vindeiro día 14 de setembro. Para consultar mais información relativa a licitación pódese ver no DOG.
 Estes traballos contarán cun prazo de execución de seis meses aproximadamente e teñen por obxecto mellorar a seguridade viaria das travesías da estrada PO-552 mediante o reforzo de firme das mesmas.
 Unha vez rematadas as accións de mellora, realizarase o repintado de marca viaria no eixe da estrada


 O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario