18 de maio de 2016

VIGO

LABORAL

PREVISIONS DA CIG DE VIGO PARA ESTE XOVES


Estas son as previsións da CIG de Vigo para este xoves 19 de maio: 

· 10.30 horas: a CIG, CCOO e UGT convocan unha rolda de prensa no local da UGT na cidade (Avda. García Barbón, 67) para ofrecer a súa posición sobre a proposta de liberalización de horarios comerciais e de declarar a cidade zona de gran afluencia turística.  

· 20.00 horas: nova concentración para esixir o indulto a Carlos Rivas e Serafín Rodríguez diante do Marco. A CIG, CCOO e UGT continúan coa súa campaña de mobilizacións para esixirlle ao Goberno español que lle conceda o indulto a Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os dous traballadores condenados a tres anos de prisión por participar na folga provincial do transporte do ano 2008. 

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario