2 de mar. de 2016

A GUARDA

Aberta á inscrición para participar no “Curso de manipulador de produtos fitosanitarios”  

O Concello de A Guarda, en colaboración coa Asociación de Veciños O Percamino ofrece 30 prazas.   


Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda, en colaboración coa Asociación de Veciños O Percamino, abre o prazo de inscrición para participar no “Curso de manipulador de produtos fitosanitarios. Nivel básico”.  

 Este curso ten unha duración de 25 horas presenciais máis dúas de exame. A materia comezará cando se cubran as 30 prazas ofrecidas. Do prezo se informará no momento da inscrición.  

 Esta formación está destinada a agricultores que non dispoñan de persoal auxiliar na mesma explotación, o persoal auxiliar das empresas e outras entidades dedicadas á aplicación de produtos fitosanitarios, o persoal auxiliar das empresas e explotacións agrarias que apliquen estes produtos e o persoal auxiliar dos establecementos de venda ao público de este tipo de materiais.  

 As persoas interesadas en obter o cané básico de aplicación de fitosanitarios pode dirixirse ao Concello da Guarda ou ao local social da Asociación O Percamino para inscribirse. Ademais, quen precise máis información pode chamar ao número 609 117 835, pedir información en opercamino@hotmail.com ou no mesmo Concello.  
Cursos en activo  
 Na actualidade a Asociación de Veciños O Percamino xa ten en activo dous cursos coas mesmas características do anterior.  

 As datas nas que se realizarán serán na semana do luns 14 de marzo ao venres 18 e o outro dende o luns 28 de marzo ata o venres 1 de abril.

Ningún comentario:

Publicar un comentario