CONVERXENCIA GALEGA PLANTEA VARIAS CUESTIONS SOBRE O QUE CONSIDERA "REXURDIMENTO" DA AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL DE A GUARDA
Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega
Infogauda / A Guarda
O concelleiro Celso R. Fariñas, de Converxencia Galega, con representación na Corporación Municipal do Concello de A Guarda, ven de facer pública á seguinte comunicación:
¿PORQUÉ TANTO MISTERIO E SECRETISMO?
Dende fai máis dunha semana, estamos escoitando, pero fundamentalmente vendo “certos aleteos”, que mesmamente a algúns dos afectados directamente, cando non os cabrea, fai que camiñen pola rúa ríndose, ainda que vaian soios.
Cando, “aparentemente” teñen resolto o papeleo administrativo “según” dín, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, cando xa lles compraron “traxes e “roupa”, cando xa se nota a súa presencia na rúa, especialmente en procesións e desfiles, “como si fora un gran pecado” con nocturnidade e alevosía van convocar a asamblea “de rexurdimento” cunha morea de rapaces/zas novos/as, que teñen a prohibición absoluta de decir a “ninguén” e especialmente a oposición municipal, en donde e cando vai ser o acontecemento do século, e quenes van ser a Xunta Directiva.
Como sempre, cando se xunta máis de ún, “tirando ben da liña” a veces e posible chegar a algúns datos, e namentras non os desmintan, a partir do fin de semán que ven, ou o que é o mesmo, de marzo en adiante, temos “orjanisazión” de Protección Civil, pero primeiro teñen que “arranxar” varios temas.
1º.- ¿Qué carjiño van crear para poñer a o histórico desaparecido que con máis de 70 anos que quer convertirse en “almirante da flota civilera”?
2º.- ¿Por qué dos “veteranos” o Trebo-Axterix mantén a úns e elimina a outros? ¿Serán amigos e quedarán para as xuntanzas das “Batallitas” e se adicarán a cantarlle as Odas Inmortales? Como mínimo, debería preguntarlles a todos/as si querían seguir ou os daba de baixa ¿A que sí?
3º.- Dos veteranos “curtidos en mil batallas, ¿non sirve ningún para ser xefe que é preciso “importalo” dos poboados limítrofes?
4º.- Menos mal que no voluntariado, chegou unha marea dauga limpa, que na maioría dos casos non se vai deixar “mangonear” nin pola “pócima máxica-albariña, nin polo cacique daldea, e van poñerlle “peito” os romanos. ¡¡Ou iso dín!
A Guarda, a 23 de Febreiro do 2.016
Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro de Protección Civil
Sr. Jefe de Protección Civil A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario