7 de xan. de 2016

PONTEVEDRA

A Deputación de Pontevedra organiza en xaneiro vinte obradoiros sobre novas tecnoloxías para autónomos e pemes 

A través do Centro Provincial de Asesoramento Empresarial CPAE 2.0 a Deputación asesora a autónomos e pemes da provincia e impulsa o emprego das tecnoloxías para innovar e aumentar a produtividade 


Infogauda / Pontevedra

 A Deputación de Pontevedra, a través do  CPAE 2.0, rede de centros atendidos por técnicos especializados en novas tecnoloxías, presta un servizo de información a autónomos e pemes da provincia de Pontevedra e oferta unha serie de actuacións para potenciar o desenvolvemento económico da provincia a través das tecnoloxías, aumentar a produtividade, introducir a innovación dos procesos produtivos e servizos, facilitar a implantación do comercio electrónico e crear unha nova canle de venda en liña de produtos e servizos.  

 Para acadar os seus obxectivos o CPAE 2.0 ofértalles aos seus destinatarios, é dicir, a un colectivo integrado por 64.000 autónomos e pemes da provincia de Pontevedra que constitúe o 92 % do tecido empresarial desta, unha serie de eventos informativos nos seus seis centros en Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño.  

 En concreto, a Deputación organiza vinte obradoiros sobre novas tecnoloxías para este mes de xaneiro. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario