23 de xan. de 2016

O ROSAL

TARDES DE ENCONTROS: ACTIVIDADES PARA PERSOAS QUE POR CIRCUNSTACIAS, SE ATOPAN SOAS



Concello do Rosal

 Dende o Concello do Rosal queremos que aquelas persoas, maiores e non tan tanto, que por circunstancias se atopan soas, que queren encher o seu tempo, facer novas amizades, relacionarse, saír, espallar a cabeza, falar con xente, tomar un café, en definitiva compartir una tarde con outra xente que se atopa na mesma situación teñen agora a oportunidade de facelo.  

 Somos conscientes de que de un día para outro isto non se consigue pero tendo contacto uns cos outros de xeito regular queremos chegar a esa xente que precisa relacionarse  e non atoparse soa, organizando diferentes actividades unha tarde a semana como saír a tomar un café, ir a camiñar, ter unha sesión de perruquería, etc..  

 A medida que vaian tendo lugar as tardes e a xente se vaia coñecendo, iremos programando as actividades en función dos intereses dos participantes con varios obxectivo; fomentar a interrelación entre as persoas que se senten soas, mellorar a súa saúde mental e en definitiva mellorar a súa calidade de vida. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario