Terceira sesión de “Conversas coa Xuventude” na que se falará de cooperación, integración e solidariedade
Será o venres día 22 de xaneiro, ás 20:30 h., na Casa dos Alonso
Infogauda / A Guarda
O venres, 22 de xaneiro, celébrase a terceira das sesións de “Conversas coa Xuventude” organizadas polo Concello de A Guarda.
Nesta ocasión os temas a tratar serán a cooperación, a integración, a diversidade e a solidariedade. Para falar sobre isto están convidados á charla representantes das Asociacións Avelaíña, San Xerome Emiliani, ConRazones, Cruz Vermella e Érguete Baixo Miño.
Os invitados e protagonistas nesta charla falarán da súa labor a prol da integración en toda a Comarca do Baixo Miño.
Neste encontro o que se busca é a implicación da sociedade nas diferentes actividades que se levan a cabo para conseguir mellorar a nosa contorna.
A cita, como en anteriores ocasións é ás 20:30 horas na Casa dos Alonso (Praza do Reló).
Dende a Concellería de Xuventude convídase a todos os veciños da localidade a participar nesta nova sesión de “Conversas coa Xuventude”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario