CONVERXENCIA GALEGA RELÉMBRALLE A MINORÍA DE GOBERNO E O SECRETARIO ACCIDENTAL, Á OBRIGA LEGAL DE CUMPLIR COA NORMATIVA DE TRANSPARENCIA
Celso R. Fariñas: "(...) Os veciños da nosa localidade, teñen que ser coñecedores, que, incluso na páxina oficial do noso Concello, no mes de xuño, o inicio desta lexislatura, somentes estaban colgadas as Actas de Pleno e de Xunta de Goberno ata o 30 de xuño de 2014, o que estaba provocando, entre outros problemas, a indefensión xurídica diante denuncias, comunicacións e licencias, especialmente a aqueles que estaban fora da localidade (...)".
Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega
Infogauda / A Guarda
Dirixida o grupo de goberno, en minoría, e o Secretario Accidental do Concello de A Guarda, respectivamente, o concelleiro de Converxencia Galega, Celso R. Fariñas, presentou en data 19.01.2016, e Rexistro de Entrada nº 0357, a seguinte interpelación:
ENTREGA DE COPIA DAS ACTAS DA XUNTA DE
GOBERNO LOCAL
Tendo en conta que o artigo
113.1.b do R.O.F. establece que: se
enviará a tódolos membros da Corporación Municipal copia
das actas das sesións da Xunta de Goberno Local (en adiante X.G.L. nova
denominación dada o que denantes era a Comisión de Goberno pola Lei 57/203), no plazo de DEZ (10) días dende a súa
celebración.
Queremos deixar constancia que a este Grupo Político (non sei aos demais) non
só non se recibiu dentro dese prazo
legal, que é o mesmo para a remisión as Administracións Estatal e Autonómica
dos acordos adoptados, senón que a día de hoxe, non recibimos NINGUNHA DENDE O
INICIO DA LEXISLATURA entendemos que a obriga de dar traslado de ditas
Actas, entra dentro do ámbito competencial da Secretaría Municipal, sendo o/a
mesmo/a (que desenrrole ditas funcións) o/a derradeiro/a responsable do arquivo
e custodia dos libros de actas correspondentes. ¿Qué confianza se pode ter
nunha persoa que debe ser quen faga cumplir a Lei no Concello sexa a primeira
en deixala de lado? ¡Cobra un plus, din que por facer esas funcións! ¿Cales? ¿As que marca a Lei ou as que recibe de quen manda?
Os/as veciños/as da nosa localidade, teñen que ser
coñecedores, que, incluso na páxina oficial do noso Concello, no mes de xuño, o
inicio desta lexislatura, somentes estaban colgadas as Actas de Pleno e de Xunta
de Goberno ata o 30 de xuño de 2014, o que estaba provocando, entre outros
problemas, a indefensión xurídica diante denuncias, comunicacións e licencias,
especialmente a aqueles que estaban fora da localidade.
Trala nosa queixa escrita
feita en data do 05.09.2015 (R/E nº
5903) dín que se puxeron máns a “obras”, e a día de hoxe, as Actas de
Pleno, siguen como estaba –a última é do
30.05.2014 presidida polo Sr. Freitas- e as da X.G.L., foron
¡actualizadas! ata o 29.05.2015 Queremos
deixar claro, que do Actual Goberno, ¡¡NON
HAI NADA!!
En diversas ocasións, de xeito oral, a quen
¿desempeña? as funcións de Secretario Accidental, cando se lle piden as
copias destas actas, e sempre contesta o
mesmo ¡cando me dé orden o Alcalde, xa entregarei as copias…! ¿Será que
non sabe ou non quer saber, que ó responsable de cumplir ca Lei é el?
Ten que quedar claro que
á entrega das mesmas, é obligatorio por Lei, sin importar o que diga o Sr.
Alcalde, xa que as mesmas, son imprescindibles para o desenrrolo da función de
control e fiscalización da acción do goberno Municipal, polo que a entrega das
mesmas debe facerse OBLIGATORIAMENTE
A TÓDOLOS MEMBROS DA CORPORACIÓN MUNICIPAL NUN PLAZO MÁXIMO DE DEZ (10) DÍAS.
Tamén queremos deixar constancia que
a obriga legal de entregar as copias das Actas da X.G.L. forma parte do dereito
fundamental do artigo 23 da Constitución Española polo que de non entregar as
mesmas poderían estar incurrindo no delito recollido no artigo 542 do Código
penal, o impedir ca non entrega das copias das actas o exercicio dun derecho
cívico recoñecido na Constitución.
En definitiva, sin que exista
ningunha resolución administrativa susceptible de recurso, nin ningún
pronunciamiento xudicial, estáse vulnerando sistemáticamente o dereito fundamental recollido no
artigo 23 da Constitución, impidíndonos con esta falta de información da acción
do equipo de gobierno exercer a labor de control que nos corresponde como concellais
da oposición municipal.
Polo que si non se nos fai
entrega das copias de tódalas actas da X.G.L. elaboradas a día de hoxe nesta
lexislatura, e se imparten as órdenes oportunas para que se xeito regular se
nos entregue no prazo estipulado pola Lei, nún marxe non superior a DEZ (10)
días da celebración das mesmas, daremos inicio os trámites pertinentes para
solicitar o amparo de quen corresponda a fin de facer cumplir a lexislación
vixente.
Debemos significar que entre os dereitos dos
mesmbros da Corporación, merece especial atención o dereito de acceso a
información por ser un instrumento necesario para que os membros das
Corporacions Locais podan acometer con coñecemento suficiente o exercicio das suas funcions (STC 20 septembro do 1988). Por
elo debemos escomenzar por sinalar para entender o alcance do mesmo, que si ben
o dereito a participar nos asuntos públicos, como ten reiterado polo TC, é un
dereito de configuración legal , entre as funcions que pertenecen o núcleo
inherente a función representativa que constitucionalmente corresponde os
membros dunha corporación atópanse a de participar na actividade de control do
gobierno municipal.
Asimesmo, en base o texto da Lei 19/2013 do 9 de
decembro de Transparencia, Acceso a Información Pública e Bó Goberno, no seu
artigo 22, así como solicito a información en papel impreso.
A Guarda, a 19 de xaneiro do 2.016.
Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega
Sr.
Alcalde-Presidente
Sr.
Secretario Acctal.
Concello de A Guarda

Ningún comentario:
Publicar un comentario