Gran recepción real na Casa dos Alonso
A partir das 18 horas, Melchor, Gaspar e Baltasar, acompañados dunha trintena de paxes e da Charanga “Os Zanfonos”, o grupo de gaitas da Terceira Idade e o Grupo de baile Xamaraina, recibirán a pequenos e maiores
SS.MM. os Reis Magos recibirán a pequenos e maiores na Casa dos Alonso
Foto: Arquivo C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Hoxe chegou o día máis esperado por todos os rapaces, e por iso, a vila de A Guarda, vístese de gala para recibir a Melchor, Gaspar e Baltasar.
Por motivos meteorolóxicos, os Reis Magos non percorrerán as rúas da vila de A Guarda na habitual cabalgata, pero si recibirán a todos os nenos e nenas na Casa dos Alonso.
A partir das 18 horas, Melchor, Gaspar e Baltasar, acompañados dunha trintena de paxes reais e da Charanga “Os Zanfonos”, o grupo de gaitas da Terceira Idade e o Grupo de baile Xamaraina, celebrarán a Gran Recepción Real.
Neste encontro todos os rapaces poderán achegarse aos Reis Magos e estes lles farán entrega dun pequeno agasallo. Ademais hai case 400 quilogramos de caramelos para repartir entre os nenos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario