FREI ROSENDO SALVADO ROTEA, UN DESTACADO BIEITO VENCELLADO Á VILA DE A GUARDA
Súa nai era unha rosaleira-guardesa, xa que daquela O Rosal formaba parte do municipio de A Guarda
Vista parcial do monumento a Frei Rosendo Salvado, ubicado na Praza da Inmaculada, de Tui
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Sabendo que un equipo dirixido por Ian Lumsden, do que forma parte Anna Habicht, catedrática da Universidade de Curtis (Australia) e especialista da cultura aborixe e da influencia que exerceu na comunidade de Perth e do seu entorno, Frei Rosendo Salvado, bispo de Nova Nursia; está traballando nunha reportaxe sobor do monxe bieito, por encargo da Embaixada de España en Australia, queremos deixar testemuña do vencello que tivo Frei Rosendo Salvado, coa vila de A Guarda.
Frei Rosendo Salvado y Rotea (Tui 1814, Roma 1900), era fillo de unha rosaleira-guardesa. Decímolo así, porque cando él naceu, O Rosal formaba parte do municipio de A Guarda, do cal se independizou constituíndose como novo concello en 1847. Polo tanto, a nai de Frei Rosendo era unha rosaleira - concretamente da parroquia de San Miguel de Tabagón, se as referencias orais que temos desde fai anos, non son erradas -, que administrativamente falando, a nivel municipal, formaba parte do padrón de veciños de A Guarda.
Ainda que Frei Rosendo Salvado naceu en Tui, seu vencello co municipio de A Guarda, non é menor, xa que en diferentes ocasions pasou estadías de descanso no Convento das Bieitas de A Guarda. E diso hai constancia e non fai falla máis que consulta-lo coa abadesa do Convento da Transfiguración do Señor, en San Vicente de Trasmañó (Redondela).
Polo tanto, queremos deixar constancia, para que ninguén o ignore, que Frei Rosendo Salvado y Rotea, tiña relación, por parte de nai, co municipio de A Guarda, e ademáis, por razón de formar parte da Orde Bieita, decidiu en varias ocasions, visitar o convento das monxas bieitas de A Guarda para pasar uns días de repouso.
Como vemos, hai varias razóns, perfectamente constatables, que nos permiten afirmar que se quer facer un documental sobor de Frei Rosendo Salvado, haberá, necesariamente que ter en conta seu vencello con A Guarda, e coa comunidade bieita que o longo de varios séculos estivo presente na Historia e na vida cotiá da vila guardesa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario