18 de dec. de 2015

PONTEVEDRA

Ana Pastor percorre máis de 6.000 quilómetros para participar en 88 actos electorais  

Visitou todas as comarcas da provincia e estivo en varios concellos de Lugo e da Coruña, sen desatender as súas responsabilidades como Ministra de Fomento. 

O presidente Rajoy, os ministros Catalá e de Guindos, e a presidenta da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes, apoiaron á candidata con actos en Vigo e Pontevedra. 

A número 1 dos populares pasará a xornada de reflexión compartindo un aperitivo con amigos e asistindo a unha voda.  


Ana Pastor Julián, candidata do PP ao Congreso por Pontevedra


Infogauda / Pontevedra

 A candidata do PP ao Congreso por Pontevedra, Ana Pastor, percorreu en quince días de campaña un total de 6.053 quilómetros para asistir a máis de 88 actos electorais e transmitir as mensaxes dos populares, presentar as súas propostas e explicar todas as medidas e proxectos postos en marcha nos últimos catro anos.  

 Nestes quince días de campaña, Pastor fixo un esforzo importante para visitar máis da metade dos concellos da provincia, participar en actos en todas as comarcas, e ter unha presencia importante nas cidades de Vigo e de Pontevedra. Así, participou en paseos polos concellos, almorzos informativos, reunións con diferentes colectivos e sectores produtivos, visitas a empresas, mitins, xuntanzas con afiliados e simpatizantes..., e todo sen desatender ningunha das súas responsabilidades como Ministra de Fomento, tanto na asistencia a consellos de ministros como noutros actos institucionais.   

 O presidente e candidato Mariano Rajoy, os ministros Rafael Catalá e Luis de Guindos, e a presidenta da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes, desprazáronse ata Vigo e Pontevedra para apoiar á candidata dos populares durante a campaña electoral.  
 A CORUÑA, LUGO E MADRID 
 Ademais de participar en actos na provincia, Pastor desprazouse ata Lugo, Monforte de Lemos e Sober, na provincia de Lugo, e ata A Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol, na provincia coruñesa, para atender as peticións feitas polo partido nestes concellos. Asemade, trasladouse ata Madrid para participar na presentación do programa do Partido Popular en materia de infraestruturas, transporte e vivenda, xunto á vicesecretaria de Estudos e Programas do PP nacional, Andrea Levy.   
 XORNADA DE REFLEXIÓN 
 Ana Pastor pasará a xornada de reflexión compartindo un aperitivo coas súas amizades e asistindo, xa pola tarde, a unha voda. O domingo ten previsto votar ás 12.00 horas no colexio de Campolongo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario