CONVERXENCIA GALEGA COMEZA 2016 CON UN SEVERO REPROCHE O EXECUTIVO MUNICIPAL DO CONCELLO
Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega na Corporación Municipal de A Guarda
Infogauda / A Guarda
O concelleiro Celso R. Fariñas, de Converxencia Galega, ven de remesar á redacción deste xornal dixital, o contido do seu posicionamento sobor de un evento deportivo que, de celebrarse na nosa vila, tería unha importantísima, e positiva repercusión, para o municipio de A Guarda, en particular, e para á comarca do Baixo Miño, en xeral. Ainda que o devandito posicionamento será presentado no rexistro municipal de entradas do Concello de A Guarda, o vindeiro sábado día 2 de xaneiro de 2016, dámolo a coñecer desde agora mesmo, os lectores de Infogauda.
UNHA OCASIÓN PERDIDA, ECONÓMICA E DEPORTIVA: COPA DE LA REINA
O
pasado día 20.11/2015 e co Rexistro de Entrada nº 7583, un grupo de
concelleiros/as nún número do sete, en representación do Partido Popular,
Converxencia Galega e a concelleira non adscrita, presentamos un
escrito solicitando a implicación do Equipo de Goberno nas xestións para
conseguir que nosa localidade fose a designada pola Federación Galega de
Balonmán como sede da fase final da mesma. Por varios motivos, por unha banda
polas satisfaccións que o Mecalia-Atlético Guardés, é un dos dóus equipos
galegos femininos que están na máxima categoría, e que a súa aficción se
merecía “un premio desta categoría” como remate da súa gran campaña
desenrrolada no 2.015.
Pola
outra, a gran repercusión económica que a celebración deste evento iba a ter
para a hostelería, restauración e comercio en xeral, sin esquecer o impacto
publicitario cara o turismo, tanto nos medios escritos e visuais, senón tamén
nas redes sociais.
Pola
información recibida, a desenrrolo da Final da máxima categoría xa de por sí
sería un dos grandes acontecementos do ano, senón, que levaría implícita o
desenrrolo doutra final das categorías inferiores,(coñecida como a Mini-Copa) o
cal implicaría a máis de 400 asistentes, tanto familiares, xogadores, equipo
técnico, árbitros, siareiros, etc., que incidiría en toda a bisbarra.
Pero
namentras outros concellos se moveron para lograr ese obxetivo, o Grupo de
Goberno do PSOE da nosa localidade, perde o tempo en liortas entre sí e
somentes ten unha frase permanente: “(...) é a nosa ilusión, pero non hai cartos para
financiar un evento como ese (...)”, e así, escomenzamos o ano cún novo
fracaso municipal. Este é o momento de sair no “arretrato” (nas duras) que nas
maduras sae calquera.
Logo
virán con grandes discursos falando do gran esforzo que fan para potenciar o
comercio, hostelería, restauración, etc., e na maioría dos casos, con resultados
económicos que van a cargo do Concello, e logo para non ser criticados, negan a
documentación os/as concelleiros/as e asociacións.
A Guarda, a 02 de xaneiro do 2.016
Celso R. Fariñas
Concelleiro de
Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Secretario Acctal.
Sr. Secretario Acctal.
Sra. Concelleira de Economía
Concello de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario