21 de dec. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA FÁISE ECO DAS QUEIXAS DOS VECIÑOS 

Celso R. Fariñas: "Xa vai para tres (3) meses que varios/as veciños/as da rúa Concepción Arenal, dirixiron escritos e acudiron a Casa do Concello para solicitar a intervención do Sr. Alcalde a fin de que intervira diante de quen correspondera, administración provincial ou autonómica, empresa “autorizada” ou por actuación propia (...)"

As imaxes corresponden á mesma tapa, onde se aprecia claramente o logotipo dunha coñecida empresa - Fotos: Converxencia Galega

Infogauda / A Guarda

 O concelleiro de Converxencia Galega, Celso R. Fariñas, ven de presentar no rexistro municipal de entradas do Concello de A Guarda, á seguinte comunicación:

CANDO DESCANSAR É IMPOSIBLE 

 Xa vai para tres (3) meses que varios/as veciños/as da rúa Concepción Arenal, dirixiron escritos e acudiron a Casa do Concello para solicitar a intervención do Sr. Alcalde a fin de que intervira diante de quen correspondera, administración provincial ou autonómica, empresa “autorizada” ou por actuación propia, (somentes faltou naquel intre, solicitar o que agora xa fixeron)  intervención humana ou divina (sen peso político), para poder descansar cada vez que algún coche, xira para subir pola rúa Enrique María Sesto. 
  
 Na súa visita o Concello (a casa de todos), foi unha mala experiencia, xa que por “motivos persoais e especiais” non puderon ser atendidos polos Sr. Alcalde, ainda que se “preocupou” por saber que querían, pero logo “diferiunos” hacia o Concelleiro Liberado e Tte. Alcalde sen mando para volver a repetir o motivo da súa visita. –Disto fai máis de DOUS (2) MESES- quedando que ía estudar a situación- pero parez que a día de hoxe, non foi capaz de “demostrar o “Nº E” e polo tanto, o “úneco remedio”, e deixar de dormir donde sempre, e persoas maiores, nenos/as e enfermos/as, trasladarse a dormir e “descansar” o fondo da vivenda.

 ¡¡Menos mal que dixo que se foran tranquilos que do asunto se encargaba él…!! Se chega a “pronunciarse máis preocupado” non fai nada ata o remate da lexislatura.  ¡¡..Ou…Ou..!!    

 Como podemos comprobar este fin de semana, a pleno día, cada vez que algún coche doblaba pola “subida do Ligero” o ruído era insoportable, polo que a situación “nocturna” ten que estar o límite da resistencia humana, e especialmente, como no caso que nos ocupa, naquelas persoas con problemas de saúde.       

 Esperemos que namentras se atopa en estudio a “solución deste problema” non remata de “soltarse ou desprenderse” dos anclaxes da tapa da empresa de telefonía que sae reflexada na mesma, e provocamos un incremento das enfermedades e trastornos neuronales na zona, ou o seu afundimento, provoca un accidente de tráfico.

 Por todo o anterior, dende Converxencia Galega, vimos a solicitar do Sr. Alcalde e do Concelleiro que mantivo a conversa cos veciños/as do lugar, para que procedan da maneira máis urxente a buscar unha solución a este problema, e dese xeito, facilitar  unha mellor calidade de vida, e neste caso o repouso e descanso dos/as afectados.       

 A Guarda, a 12 de decembro do 2.015

   Celso R. Fariñas         
Concelleiro de Converxencia Galega

  
Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro de Vías e Obras.
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario