27 de out. de 2015

SANTIAGO DE COMPOSTELA

INTERACCIÓNS 
Javier Vallhonrat
no CGAC



 O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, D. Román Rodríguez González, ten o pracer de convidalo á inauguración da exposición que terá lugar no CGAC o vindeiro xoves, 29 de outubro de 2015, ás 20 h 

 Comisario/Curator: Santiago Olmo.

 Baixo o título Interaccións, Javier Vallhonrat reúne un total de 52 fotografías, sete vídeos e unha videoinstalación estruturados en cinco seccións —42oN, Deriva estándar, Fricción límite, Rexistro da marxe e Eolionimia— que ocupan a planta baixa e a primeira planta do centro. 

 A experiencia do tempo lento e o espazo incerto da alta montaña, danse en condicións que propician a sensación de vulnerabilidade. Nesas circunstancias, a percepción do nicho ecolóxico e xeoclimático das rexións montañosas, alleo e ameazante, transfórmase paulatinamente en percepción dun lugar igualmente vulnerable, no que o coñecemento e a experiencia inmediata poden dialogar fronte a condicións de incerteza. 

CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA 
Ramón del Valle Inclán 2, 15703 
Santiago de Compostela 
cgac@xunta.es / www.cgac.org 

Ningún comentario:

Publicar un comentario