Os deputados e senadores populares da provincia fixeron balance da lexislatura esta mañá
Mariano Rajoy e Ana Pastor cumpriron con Galicia e Pontevedra aínda nas peores circunstancias económicas
Mariano Rajoy e Ana Pastor cumpriron con Galicia e Pontevedra aínda nas peores circunstancias económicas
• Con respecto ao último trimestre de 2011, o número de parados na provincia diminuíu en 20.800 persoas, un 4,28% menos na taxa do paro
• “Hoxe na provincia de Pontevedra créase emprego. Temos menos paro, máis emprego e máis emprego de calidade”, valorou a deputada Paz Lago
• Entre 2012 e 2015 o gasto do ministerio de Fomento na provincia foi de 1.665,39 millóns de euros
Os deputados e senadores do Partido Popular pola provincia de Pontevedra fixeron balance dos catro anos de lexislatura
Infogauda / Pontevedra
Os deputados e senadores do Partido Popular pola provincia de Pontevedra fixeron esta mañá balance dos catro anos de lexislatura, no mesmo día que o consello de ministros tramita a convocatoria das eleccións do 20 de decembro. Deste xeito, puxeron en valor que “o presidente Rajoy e a ministra Pastor cumpriron con Galicia e con Pontevedra aínda nas peores circunstancias económicas. Sabemos que quedan cousas por facer, pero desde logo os mimbres para poder facelas e executalas están postos”.
Tanto a senadora Dolores Pan como a deputada Paz Lago, que estiveron acompañadas por Gonzalo Ordóñez, María Elvira Larriba e Jose Luis Rivera Mallo, diferenciaron dúas etapas nestes catro anos, que comezaron con “reformas duras e ingratas pero necesarias para sentar as bases do crecemento e a creación de emprego” e que permitiron “saír desa situación, recoller os froitos e pasar da crise ao crecemento”.
Paz Lago analizou os datos de desemprego na provincia, e mentres no cuarto trimestre de 2011 o número de parados era de 105.200 persoas, cunha taxa de paro de 24,75%, no terceiro trimestre de 2015 (o último dato coñecido da EPA) esta cifra diminúe a 90.400, o que supón unha redución de 20.800 persoas e do 4,28% na taxa de paro, que pasa a 20,47% nesta provincia.
“Podemos, ademais, falar dunha evolución na provincia de Pontevedra durante o ano 2015 que nos deixa 21.700 desempregados menos. Hoxe na provincia de Pontevedra créase emprego. Temos menos paro, máis emprego e máis emprego de calidade”, destacou. Por este motivo, entende a deputada que este ano 2015 foi o ano do crecemento, e de aí que nestes orzamentos xerais destaque un forte aumento da partida para fomento do emprego, que subiu 673 millóns ata chegar aos 4.746 millóns de euros. “Estes datos reflicten que a loita contra a lacra do desemprego é unha prioridade deste goberno”, valorou.
1.665,39 MILLÓNS DE EUROS NA PROVINCIA
No que respecta a investimentos, Dolores Pan recordou que entre 2012 e 2015 o gasto do ministerio de Fomento en Galicia foi de 6.745 millóns de euros, e na provincia de Pontevedra investiron 1.665,39 millóns de euros, que permitiron impulsar infraestruturas necesarias para cohesionar e xerar oportunidades para toda a provincia. Deste xeito, recordou que solucionaron problemas que levaban anos sen resolverse como o pago de débedas e expropiacións de exercicios anteriores, impulsar o exe atlántico Vigo-A Coruña e o Ave a Galicia, potenciar o aeroporto e os portos de Vigo, Marín e Vilagarcía de Arousa, a autopista do mar,...
Dolores Pan, ademais, manifestou que "os orzamentos de 2016 sitúan a Galicia como a terceira comunidade autónoma con máis investimento en canto a estradas; segunda con máis investimento en ferrocarril; e cuarta en portos".
Ningún comentario:
Publicar un comentario