1 de out. de 2015

GOIÁN

O CINECLUB POLEIRO INICIA O CICLO DE OUTONO  EN GOIÁN  


UNHA COMEDIA INXENIOSA E CONMOVEDORA ABRE A TEMPADA O XOVES, 8 DE OUTUBRO , ÁS 21:30 HORAS NO AUDITORIO



Cineclub Poleiro / Goián

O ciclo comenza o xoves, 8 de outubro coa película A festa de despedida, (2014) coproducción de Israel e Alemaña, escrita e dirixida por Sharon Maymon e Tal Granit. Unha reflexión con humor sobre a morte digna. Conta a historia dun grupo de amigos, usuarios dunha residencia de anciáns en Jerusalén, que construen una máquina para practicar a eutanasia e axudar así a un amigo enfermo terminal. Cando se extende o rumor sobre a máquina, outros compañeiros reclaman axuda , o que lles plantexa un dilema emocional e implícaos nunha aventura disparatada.
Premios: Festival de Venecia:Premio do Público, Espiga de Ouro na Seminci de Valladolid por Mellor Película e Mellor actriz (Rosen&Finkelshtein)

xoves, 5 de novembroMommy,(2014), produción de Canadá,  dirixida por Xavier Dolan . Nunha Canadá de ficción , apróbase una lei que permite aos país internar en centros especiais a fillos problemáticos,difíciles de controlar. Diane Despres, una nai viuva con carácter, decide educar ela mesma ao seu fillo adolescente, Steve, que padece ADHD e que pode chegar a resultar violento. A veciña ofrécelle axuda á nai. A relación entre os tres faise cada vez máis estreita.
Premios: Premios César: Mellor Film extranxeiro. Festival de Cannes: Premio do Xurado.

xoves 03 de decembro, chega Timbuktu, (2014), produción Mauritania-Francia, dirixida por Abderrahmane Sissako. Un drama sobre o yihadismo. Ano 2012. A cidade de Tombuctú(Mali)caeu en mans de extremistas relixiosos. Kidane vive na dunas coa sua esposa, a sua filla e un neno pastor. Os yihadistas imponen o réxime de terror na cidade e lanzan sentenzas tan absurdas como tráxicas.  Prohíben escoitar música, reir, fumar e xogar ao futbol. O protagonista debe enfrontarse ás leis dos ocupantes extranxeiros cando mata accidentalmente a un pescador.
 7 Premios César incluindo mellor película e director. Festival de chicago: Mellor director

xoves ,14 de xaneiro, Pride, de Matthew Warchus (2014) Comedia dramática británica basada en feitos reais sobre a homosexualidade. En 1986, un grupo de gays e lesbianas recollen cartos para apoiar una folga de mineiros no Festa do Orgullo Gay en Londres. O SindicatoNacional de Mineiros  rexeita os cartos e comenza a historia….

 O BONO PARA AS CATRO PELÍCULAS CUSTA 10 EUROS
O cineclub Poleiro  conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.

Máis  información Ramón Álvarez. Teléfono: 629 735 337

Ningún comentario:

Publicar un comentario