1 de out. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA SOLICITA ACCESO O EXPEDENTE DA PLANTA DE GAS NATURAL LICUADO

En xullo de 2012, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. a autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no termo municipal de A Guarda

Celso R. Fariñas, Concelleiro de Converxencia Galega, no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 Celso R. Fariñas, Concelleiro de Converxencia Galega, na Corporación Municipal de A Guarda, ven de dirixirse o Alcalde, a traverso de unha comunicación escrita, presentada no rexistro do Concello, e redactada nos seguintes termos:

PLANTA DE GAS NATURAL LICUADO (G.N.L.)  E SERVIZO DE DISTRIBUCIÓN

 No D.O.Ga. Núm. 194, do Mércores, 10 de outubro de 2012, aparece publicada a RESOLUCIÓN de 23 de xullo de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, na que se otorga a Gas Galicia SDG, S.A. a autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no termo municipal de A Guarda (Pontevedra).

 Entre as características da instalación, son de destacar as seguintes:

El suministro de gas natural proxectase a través dunha planta de G.N.L. que se ubicará nunha parcela catalogada, según o planeamento urbanístico actual como solo urbano do núcleo de A Gándara, de Ordenanza nº 6 de Edificación Industrial.

    O Presuposto ascende a cantidade de un millón trinteoito mil cento vintesete mil euros con dous céntimos (1.038.127,52 euros).

    Entre as Resolucións e condicións da AUTORIZACION, están as seguintes:
              
Primeira. Gas Galicia SDG, S.A. constituirá no prazo de dous meses, a contar dende o  momento do  otorgamento da autorización, unha fianza por valor de 20.762,55 euros, importe do 2% do  presuposto das instalacions, para garantir o  cas súas obrigas.  
            
Segunda. Dentro do prazo de seis meses, contado a partir da data da publicación desta resolución no D.O. de Galicia, Gas Galicia SDG, S.A. deberá solicitar ante a dirección xeral a aprobación do proxecto de execución polo que deberá presentar proxecto detallado das instalacións. En todo caso, deberán cumplirse os prazos previstos no proxecto de autorización administrativa.

Terceira. As instalacións  e seus montaxes deberán cumplir cas disposicións e normas técnicas que en xeral sexan de aplicación e en especial as do Regulamento Técnico de Distribución e Utilización de combustibles gaseosos.                                                                                                   
Cuarta. A autorización administrativa afecta o termo municipal de A Guarda e contempla  a gasificación do núcleo urbán  de A Guarda e do polígono empresarial A Guarda- O Rosal dacordo cas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado por Gas Galicia SDG, S.A., con referencia 13760 C.D. 6.5.31 de data  de xullo de 2011, e suscrito polo   inxenieiro industrial Alfonso Vázquez Varela (colexiado nº 1.130 do Colexio Oficial de Inxenieiros Industriais de Galicia).

SOLICITAMOS ACCESO A DITO EXPEDIENTE

A Guarda, a 1º de Outubro do 2.015


Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega 



Sr. Alcalde-Presidente
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario