8 de out. de 2015

A GUARDA

A PRIMEIRA PLANTA DA PRAZA DE ABASTOS PERMANECERÁ PECHADA POR OBRAS DO DÍA 12 AO 19 DE OUTUBRO

O Concello de A Guarda pide desculpas polas molestias que estas obras poidan ocasionar tanto aos traballadores coma os veciños da localidade


Infogauda / A Guarda

 A Praza de Abastos do Concello de A Guarda permanecerá pechada por obras dende o luns, día 12 de outubro, ata o próximo luns, día 19, do mesmo mes. Durante estas datas vanse levar a cabo diferentes reformas no edificio para mellorar a súa accesibilidade, funcionamento e estética. Así, por exemplo se instalará un lavadoiro para que os traballadores da praza poidan limpar as súas caixas e pescado, desaparecerán os postos fixos do medio da planta para colocar uns móbiles, se cambiará o chan ou se unificará a estética dos diferentes postos. 

 A través dunha nota de prensa que o executivo municipal ven de remesar a este xornal dixital, "o Concello da Guarda pide desculpas polas molestias que estas obras poidan ocasionar tanto aos traballadores coma os veciños e veciñas da localidade". 

Orzamento 
 As mesmas fontes municipais informan que "estes traballos teñen un orzamento de máis de 128.000 euros, dos cales, o 70% están subvencionados pola Xunta de Galicia e os outro 30% vén de parte do Concello". 

 Dentro desta partida, ademais, hai una parte que está adicada á formación dos propios praceiros. Así, no mes de outubro, están programados uns cursos de tutoría (mentoring) e adestrador (coaching) para os traballadores da praza de abastos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario