3 de set. de 2015

LOUREZA (OIA)

   CONVERXENCIA GALEGA SOLICITA UNHA SOLUCIÓN URXENTE Á PROBLEMÁTICA ÁS OBRAS DE ASFALTADO EN LOUREZA

A imaxe corresponde a un tramo das obras levadas a cabo en Loureza
Foto: Grupo Municipal Converxencia Galega, de Oia

     Infogauda / Oia

    Os concelleiros do Grupo Municipal Converxencia Galega no Concello de Oia, veñen de presentar no rexistro municipal de entradas do concello oiensa, á seguinte comunicación:


   SITUACIÓN DAS OBRAS LEVADAS A CABO EN LOUREZA
     
         Os abaixo, asinantes, Luis Giráldez Figueiró, José Manuel Romero Martínez e Ángel Portela Rodríguez, en calidade de concelleiros do Grupo Municipal de Converxencia Galega nesta localidade, despois de recibir información por parte de varios veciños que foron consultados despois de escoitar algúns reproches entre voceiros do PP e PSOE no derradeiro Pleno sobre esta obras, procedemos a desplazarnos o lugar, donde poidemos constatar, entre outros os seguintes problemas:

       a).- Os remates do asfaltado no bordillo da estrada, non chegan o final da mesma, estando rematados de xeito bastante irregular, polo que co inicio da tempada de chuvias e o rodaxe dos vehículo, en pouco tempo, van a escomenzar a levantar e teremos dito vial, en peores circunstancias que denantes de escomenza-las obras, polo que consideramos que se debera aproveita-lo bó tempo, e proceder a darlle unha solución a fin de que teñan maior duración a inversión feita.

       b).- Nalgúns lugares, como se pode constatar nas fotografías que acompañamos, o compactado do asfalto non quedou ben, polo que ten filtracións, e estando en época de calor, se pode contemplar como dún simple regato de regadío, a auga entra  por debaixo do aglomerado, e rompe na metade do vial, polo que de non solucionarse, e unha vez entrada a época do inverno, esta situación se vai a dar en maís puntos, polo que en moi pouco tempo de non tomar algunha decisión de revisión e arranxo, en pouco tempo se pode perder o traballo que se levou a cabo.

        Polo anterior, e en nome dos veciños/as de Loureza, vimos a solicitar desa Alcaldía, que se proceda a buscar unha solución urxente para darlle unha solución duradeira a esta problemática, que pode botar a perder os cartos empregados nesta estrada.  

       Oia, a 1º de setembro do 2.015

     Luis Giráldez Figueiró, José Manuel Romero Martínez,  Angel Portela Rodríguez, Grupo Municipal de Converxencia Galega no Concello de Oia.


      Sra. Alcaldesa
      Concello de Oia 

Ningún comentario:

Publicar un comentario