3 de set. de 2015

ÁREA SOLIDARIA

A ASOCIACIÓN SOS TOMIÑO ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DO XANTAR SOLIDARIO

Será o domingo día 20 de setembro, ás 14:00 h., no Balneario de Caldelas (Tui)





  A Asociación Asistencial SOS Tomiño-Baixo Miño, organiza o domingo 20 de setembro, un pequeno xantar. Non se trata de comer ou de recaudar diñeiro.
Os principais obxetivos son:

  • agradecer a todos os voluntarios, o traballo que veñen desenvolvendo de forma totalmente desinteresada, durante todo o ano, no almacén, no reparto das bolsas entre os beneficiarios, na administración, etc.
  • agradecer a todos os colaboradores, a súa colaboración, tanto económica como en servicios e productos.

Este xantar, que terá lugar no Balneario de Caldelas de Tui, as 14:00 horas, do domingo 20 deste mes, constará de pulpo e xamón asado.

O obxetivo desta comida, é dar a coñecer o traballo que esta Asociación Asistencial SOS Tomiño-Baixo Miño fai ao longo do ano, atendendo un total de 90 familias.

Se se quere asistir a este xantar, o prezo do prato, é de 20 euros. O prato infantil, é de 10 euros.

As persoas que desexen colaborar con esta Asociación, en favor das 91 familias sen recursos poden comprar boletos para a mesa cero, por 5 euros.


As entradas para asistir a este xantar, ou para colaborar coa mesa cero, están a súa disposición nos seguintes locais:

  • Frutería A Eira (Tui. Rúa Lugo, 5. Teléfono 690694819.
  • Cafetería El Pilar (Tui). Casal Aboi, 7. Teléfono 986601075.
  • Panaderia el Rollo. Avda Concordia, 53. Teléfono 986602377.
  • Cafeteria Boby. Rúa Ordonez, 3. Teléfono 986602110.
  • Alimentación Quinteiro (Amorín)
  • Balneario de Caldelas de Tui.
  • e no edificio da antiga aduana, os luns e os xoves, de 10:30 a 12:30 h

e nos bancos:
  • Abanca, La Caixa e Banco Popular (en Tomiño e Tui)

Colaboran:
  • Bodegas Val Miñor
  • Fontecelta
  • Bodegas Horacio
  • Panaderías: Panadería Currás (Currás Tomiño), Panadería O Rollo (Tui), Panaderia António (Tui) e Panadeía Manuel López (Tomiño)
(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario