26 de set. de 2015

A GUARDA

O BNG consegue o acordo para a mellora das aulas da Casa de Oficios  

Ángel Luis Baz Vicente (Concelleiro portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello de A Guarda): “Para o BNG a homologación destas aulas implicará a mellora da oferta formativa” 

Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 Na recente sesión plenaria do pasado xoves, foi aprobada pola unanimidade das forzas políticas, unha moción nacionalista sobor da necesidade de homologar ás aulas da Casa de Oficios, de A Guarda. 

 O BNG considera a formación un dos piares básicos nos que debe sustentarse unha efectiva promoción de emprego que contribúa á saída da actual crise económica”, dixo Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG.   

 Para realizar dita formación hai que contar cunhas instalacións axeitadas. Para os nacionalistas (...) a Casa de Oficios debe ser o lugar onde se realicen diferentes iniciativas formativas. Para iso é necesario que estas instalacións teñan as condicións idóneas para o desenvolvemento destas actividades (...)

 Segundo puxo de manifesto seu portavoz municipal (...) dende o BNG somos conscientes de que a homologación das aulas da Casa de Oficios de A Guarda é unha condición indispensábel e fundamental para poder realizar cursos de formación que actualmente non se poden impartir (...).  

Nefasta política de promoción de emprego do goberno do PSOE 

 O portavoz municipal do BNG na Corporación Municipal de A Guarda relembrou igualmente: Dende o ano 2013 non se celebran ningún curso chegándose a perder algúns cursos xa aprobados por non ter as aulas homologadas. Tamén cabe destacar a falta de obradoiros de emprego sen custo para o concello, agora estamos a pagar un curso de formación que discrimina as persoas con estudos básicos, que son as que teñen unha unha inserción laboral máis complicada. 

 Os gobernos do PSOE permitiron que se deteriorasen estas instalacións, o que demostra unha falta de responsabilidade e de iniciativa política na promoción de emprego”.

 Asemade, Ángel Luis Baz non dubida en afirmar: O BNG alégrase deste cambio de opinión do goberno municipal e insta ao Alcalde de A Guarda a non deixar o acordo acadado nun caixón, poñéndose a traballar para conseguir a homologación do centro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario