30 de set. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA RECRAMA QUE SE REMATEN UNHAS OBRAS NA VÍA PÚBLICA

Josué Álvarez Alonso (Responsable Local de Converxencia Galega): "(...) solicitamos do Sr. Alcalde e do Concelleiro de Vías e Obras para que impartan as órdenes oportunas para que se proceda a rematar estas obras que parecen que van  eternizarse".




Infogauda / A Guarda

 Josué Alvarez Alonso, Responsable Local de Converxencia Galega ven de facer pública á seguinte comunicación:

¿CANDO REMATARÁN AS OBRAS NA RÚA GALICIA?    

 Despois de que a rúa estivera varios meses levantada, fixeron presencia varios empregados municipais para ¡¡dín de arranxar o problema!! Logo pasaron as eleccións, e todo volve a ser unha demostración da deixadez e abandono, ainda que ten a ventaxa, que o material de ¿¿seguridade?? aparece os lúns a bastantes metros de distancia. Esta problemática é unha constante na maioría dos casos, e neste que nos sirve como exemplo, temos que sinalar este feito na rúa Galicia no cruce con Transversal Candeira, donde parez que non se enteiran, nin empregados responsables da “decoración” e os responsables políticos que pasan a diario polo lugar.

 Polos comentarios que recibimos, a alfombra que servía de “amortiguador” de ruidos, xa fai tempo que desapareceu do lugar, e agora está “semeada” nún terreo cerca do lugar das obras.                                 


 Non sabemos según dín os veciños/as, si o problema é que non se atopan o tipo de baldosas, pero, dende Converxencia Galega, poñemos en dúbida esa teoría, dado que a poucos metros e no cruce do paseo de peatóns máis próximo, fixeron unha “sustitución” na que o cemento a “granel” decora a beirarrúa.


 Para que non teñan como xustificación, seguimos mantendo que unha imaxe vale máis que mil palabras e que o que está a vista non precisa explicación, e polo que solicitamos do Sr. Alcalde e do Concelleiro de Vías e Obras para que impartan as órdenes oportunas para que se proceda a rematar estas obras que parecen que van  eternizarse.

 A Guarda, a 30 de setembro do 2.015 

Josué Alvarez Alonso 
Responsable Local de Converxencia Galega


Alcalde-Presidente 
Concelleiro Delegado de Vías e Obras
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario