30 de set. de 2015

A GUARDA

AS ESCOLAS MUNICIPAIS DEPORTIVAS DO CONCELLO DA GUARDA DAN COMEZO ESTE MES DE OUTUBRO

Tamén se ofertará Patinaxe Artístico



Infogauda / A Guarda

 Esta primeira semana do mes de outubro xa dan comezo as clases das escolas municipais deportivas organizadas polo Concello de A Guarda.

 Ademais de Escolas de Baloncesto e de Pádel, tamén se ofertarán clases de Patinaxe Artístico. Esta última actividade está promovida pola Deputación de Pontevedra en colaboración co propio Concello.

 Nas tres disciplinas aínda hai prazas libres. As clases están destinadas a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos de idade.

 Todas aquelas persoas que estean interesadas ou precisan máis información poden dirixirse o Departamento de Deportes do Concello de A Guarda o chamar o número de teléfono 986 610 000.

Ningún comentario:

Publicar un comentario