FORMACIÓN
ÉRGUETE BAIXO MIÑO ORGANIZA UNHAS XORNADAS DE EMPRENDEMENTO XUVENIL
As xornadas constan de cinco talleres gratuítos para mellorar os coñecementos da Rede
Érguete Baixo Miño / A Guarda
Érguete Baixo Miño abre o prazo de inscrición para participar nunhas Xornadas de Emprendemento Xuvenil, nas que se pretende dotar aos asistentes dos coñecementos necesarios para xestionar a súa propia imaxe na rede.
As xornadas constan de cinco talleres onde se traballarán os seguintes contidos:
• “FERRAMENTAS WEB” E “CREACIÓN DE BLOGS” 28 e 30 de setembro, 2 de outubro
• “REDES SOCIAIS” 5 de outubro
• “COMMUNITY MANAGER e SOCIAL MEDIA MANAGERTALLER” 8 e 9 de outubro
• “POSICIONAMENTO NA REDE (SEO e SEM)” 14 de outubro
Estes talleres realizaranse en horario de tarde (de 16:30 a 21:30 h) nas aulas de Informática San Benito.
A actividade está organiza pola Asociación Érguete Baixo Miño xunto coa colaboración da Concellería de Traballo e Benestar – Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado- dentro do Programa Iniciativa Xove.
Para inscribirse ou solicitar máis información na Rúa Colón, 20 (Edificio O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou no e-mail emprego@erguete.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario