10 de set. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA INTERÉSASE POLA SITUACIÓN RELATIVA ÁS DEBEDAS DA CAFETERÍA DA ESTACIÓN MARÍTIMA


O concelleiro Celso R. Fariñas solicita "Certificado do Estado de Procedemento" e que "se identifique a autoridade/funcionario baixo a cal se tramita o expediente".

Na imaxe, o inmoble denominado Estación Marítima, ubicado na Praza da República, en A Pasaxe (Camposancos)
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 O concelleiro Celso R. Fariñas, portavoz de Converxencia Galega na Corporación Municipal de A Guarda, ven de presentar no rexistro de entradas do concello guardés, unha iniciativa na que dí o seguinte.

(SITUACIÓN DO ESTADO DE PROCEDEMENTO)                                    
(DÉBEDAS DO ALUGUER DA CAFETERÍA DA ESTACIÓN MARÍTIMA)



 No día 17 de agosto e con Rexistro de Entrada nº 5449, solicitouselle ao Sr. Alcalde, Concelleira de Facenda, Secretario Acctal e o Departamento Económico, -unha vez máis e xa case non somos capaces de recordar dende cando o vimos facendo- como estaba a situación respecto as débedas acumuladas polos impagos da concesión da explotación da cafetería-restaurante da Estación Marítima en A Pasaxe de Camposancos, sen que ata o de agora recibíramos contestación, dando a impresión de que a deixadez e abandono (mellor perda) dos diñeiros públicos sigue sendo unha constante, xa que noutros casos o pago das sancións se foron cobrando, dependendo da presións que fixeran os perjudicados, neste caso, é o pobo de A Guarda en xeral.

 Tamén manifestábamos que non se podía usar dúas varas de merdir, xa que cando algún veciño deixa atrás un recibo de auga, lixo, sanción de tráfico, etc., recibe a notificación de apremio e logo o embargo da conta bancaria, en cifras que en moitos casos non chegan nin os CEN (100€) EUROS, e cando estamos diante dún feito que acada cifras bastantes máis altas, non se actúa dende o Concello.

 Todo o anterior, sen facer referencia a como quedaron as instalacións e os diñeiros públicos que se invertiron para arranxales, e sen suma-las horas de traballo dos obreiros municipais.

 Daquela solicitamos do Sr. Alcalde se nos dera acceso ou se nos emitira un informe sobre a situación do estado do Procedemento para o cobro desta débeda a concesionaria da explotación da Cafetería/Restaurante da Estación Marítima.

 Esa solicitude  NON FOI CONTESTADA polo Sr. Alcalde, dando lugar a que dende Converxencia Galega, o amparo do artigo 77 da Lei de Bases de Réxime Local e do 14.1 do Real Decreto 2568/86 , de 28 de novembro, que sinala que as solicitudes dos Concelleiros/as debe ser resolta motivadamente nos CINCO (5) DIAS NATURAIS seguintes as que foi presentada, entendéndose aceptada por SILENCIO ADMINISTRATIVO cando no anterior plazo non se dictou resolución expresa derogatoria.

 Tendo en conta que na data de hoxe non se nos deu resposta, polo que ESTÁ CONCEDIDO O ACCESO a dito expediente.

 Así mesmo, esiximos o cumplimento da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso a información pública e bó goberno, exercendo o dereito a obter esa información pública, así como tamén, se pode comprobar que se está a incumplir a lexislación vixente e polo que o amparo do Artigo 35 da Lei 30/92 de 26.11..92, modificada pola Lei 4/99 do 30.01.99 da Lei de Réxime Xurídico das Administración Públicas e do Procedemento Administrativo Común, veño a S O L I C I T A R:

         - Certificado do Estado de Procedemento.

      - Se identifique a autoridade/funcionario baixo a cal se tramita o expediente.


A Guarda, a 09 de setembro do 2.015

Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega


Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Secretario Acctal.
Sra. Concelleira de Facenda
Responsable do Departamento Económico
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario