CONVERXENCIA GALEGA RECRAMA Á PUBLICACIÓN NA WEB MUNICIPAL DAS ACTAS DA XUNTA DE GOBERNO E DO CONCELLO PLENO
Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega
Infogauda / A Guarda
Con data do 5 de setembro de 2015 e rexistro de entrada nº 5903, o concelleiro Celso R. Fariñas, de Converxencia Galega na Corporación Municipal de A Guarda, presentou á seguinte comunicación:
CLARIDADE E TRANSPARENCIA NA
INFORMACIÓN MUNICIPAL
No pasado mes de
xuño, o inicio desta lexislatura, (30.06) presentamos un escrito no Rexistro
Municipal, polo cal víñamos a reclamar que era unha responsabilidade municipal
a PUBLICACIÓN NA PÁXINA [WEB] DO CONCELLO, así como tamén, o cumplimento da
legislación vixente, entre elas a Lei
19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso a información pública e bó
goberno,…
"(...) en aras de lograr claridade e transparencia nos dereitos
que lles corresponde aos cidadáns e
evitar con elo, xenerar inseguridade xurídica, e tamén conseguir que o acceso a
documentación municipal está a disposición de todos/as, vimos a solicitar que
se impartan as órdenes oportunas para que as:
Actas de Xunta de
Goberno Municipal (última actualización: 30.05.2014).
Actas de Pleno (última actualización:
30.04.2014).
Que se proceda a actualización da Páxina Municipal, e se
coloquen o máis axina posible, e que se cree un sistema para que nun plazo que
non exceda en QUINCE (15) DÍAS a fin de que poidan ser coñecidos os temas
tratados e aprobados nos mesmos e poidan intervir naquelas actuacións que lles
afecten directamente por distintas circunstancias.
Dende Converxencia Galega,
dado que estas novas tecnoloxías, sirvan de eficaz ferramenta para manter
informados aos/as guardeses/as dunha comunicación clara e transparente que
permita que poidan defender seus intereses”.
DOUS (2) MESES
despois, a situación segue igual, e non ten trazas de mellorar, polo que vimos
a facer pública esta situación de total obscurantismo que está aplicando a
¿¿nova?? administración municipal.
A Guarda, a 02 de setembro do
2.015
Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Secretario Accdtal.
Concello de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario