27 de ago. de 2015

O ROSAL

XXVI Festival de Músicos Xoves

Este importante evento está organizado pola Agrupación Musical do Rosal



Agrupación Musical do Rosal / O Rosal

 Este fin de semana terá lugar o XXVI Festival de Músicos Xoves, que se ven celebrando dende o ano 1989.  

 O sábado 29, na Praza do Calvario, a partir das 21:00 h. participarán a Banda de Música Lanhelense (Portugal), a Agrupación Musical de Vincios e a Agrupación Musical do Rosal.

 O domingo 30, á mesma hora, pero desta volta no Auditorio do Rosal, estará adicado a música coral e participarán a Coral do Centro Social de Tui, Coral Polifónica Xuntanza de Meis e Coral da Agrupación Musical do Rosal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario