CONVERXENCIA GALEGA SOLICITA COPIA DE UN REQUERIMENTO EFECTUADO POLA CONCELLALÍA DE VÍAS E OBRAS E O ALCALDE COMUNICA QUE "NON EXISTE"
Celso R. Fariñas: "(...) Diante esta resposta, dende Converxencia Galega, sinalarlle ao Sr. Alcalde, non sabemos si dito documento foi buscado no arquivo de Entradas e Saídas do Rexistro Xeral Municipal, de non ser así, reiteramos a nosa solicitude para que sexa buscado e entregada copia do mesmo (...)"
Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega no Concello de A Guarda
Infogauda / A Guarda
O concelleiro Celso R. Fariñas, de Converxencia Galega ven de presentar no Concello de A Guarda, unha comunicación (Rexistro de Entrada nº 5661; Data de Rexistro: 26.08.2015), na que di o seguinte:
¿¿DESAPARECEN DOCUMENTOS NOS EXPEDIENTES MUNICIPAIS??
Por medio do escrito co Rexistro de Saída nº 2318 de data do 25 de agosto, recibín unha notificación do Sr. Alcalde, que dí o seguinte:
Habendo sido solicitado mediante instancia de data do 18 de agosto de 2.015 (Rexistro de Entrada nº 5482) por D. Celso Rodríguez Fariñas en representación do Grupo Municipal de Converxencia Galega, copia do requerimento efectuado pola Concellalía de Vías e Obras do cal procede o escrito de data 13 de decembro de 2012 (Rexistro de Entrada nº 7.774) presentado pola Compañía de Jesús, en relación a reparación efectuada no “Colexio Apóstol” como na “Capela de San José” sita no lugar de O Pasaxe da Parroquia de Camposancos deste Municipio.
Pola presente teño a ben comunicarlle que examinada a documentación obrante no expediente o documento o que fai referencia non existe.
En A Guarda, a 21 de 08 de 2.015
O Alcalde, Asdo. Antonio Lomba Baz
Diante esta resposta, dende Converxencia Galega, sinalarlle ao Sr. Alcalde, non sabemos si dito documento foi buscado no arquivo de Entradas e Saídas do Rexistro Xeral Municipal, de non ser así, reiteramos a nosa solicitude para que sexa buscado e entregada copia do mesmo.
No caso de non existir copia no arquivo de Entradas e Saídas do Rexistro Xeral Municipal, solicitamos certificación da súa desaparición a fin de pedir responsabilidades a quen teña a función de gardar e protexer tódala documentación municipal co máximo de seguridade e garantías.
A Guarda, a 26 de Agosto do 2.105
Celso R. Fariñas
Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Secretario Acctal.
Concello de A Guarda

Ningún comentario:
Publicar un comentario